martes, 28 de febrero de 2012

Festa da Arribada

Esta fin de semana celébrase a festa da Arribada que conmemora a chegada da carabela "La Pinta" ó porto de Baiona anunciando o descubrimento de América. Celébrase no casco histórico da vila e trátase dunha festa medieval na que se ofrecen produtos de artesanía propios do século XV. As rúas están percorridas por músicos e xuglares e, ademáis, escenifícase o devandito momento que tivo lugar o 1 de marzo de 1493.




Déixovos aquí o link da noticia (La Voz de Galicia). E por se alguén está interesado queda tamén o programa da celebración.

4 comentarios:

  1. moi interesante eu nunca oin falar de esa festa pero parece que hai moita xente

    ResponderEliminar
  2. Que rápido atopas as noticias, vino na tv e dinme conta que ti xa o habías posto aquí 2 días antes. Moi bo traballo Iago.

    ResponderEliminar
  3. teño fontes privadas ás que ninguén ten acceso Marcos ! jajaja

    ResponderEliminar
  4. Carais Iago pois xa podías dicirnos algo eh :))

    ResponderEliminar