Esta fin de semana celébrase a festa da Arribada que conmemora a chegada da carabela "La Pinta" ó porto de Baiona anunciando o descubrimento de América. Celébrase no casco histórico da vila e trátase dunha festa medieval na que se ofrecen produtos de artesanía propios do século XV. As rúas están percorridas por músicos e xuglares e, ademáis, escenifícase o devandito momento que tivo lugar o 1 de marzo de 1493.
Déixovos aquí o link da noticia (La Voz de Galicia). E por se alguén está interesado queda tamén o programa da celebración.
moi interesante eu nunca oin falar de esa festa pero parece que hai moita xente
ResponderEliminarQue rápido atopas as noticias, vino na tv e dinme conta que ti xa o habías posto aquí 2 días antes. Moi bo traballo Iago.
ResponderEliminarteño fontes privadas ás que ninguén ten acceso Marcos ! jajaja
ResponderEliminarCarais Iago pois xa podías dicirnos algo eh :))
ResponderEliminar