lunes, 6 de febrero de 2012

Mulleres medievais

Xa é o habitual atoparse entradas dicindo o inxustamente que estaban tratadas as mulleres,todo a desigualdade social etc asique contarei unha historia moi curiosa sobre unha muller, Aldonza de Mendoza,que casou con un nobre en busca de que este a apoiara na loita que tiña co seu irmán pola herdanza do seu pai.
Está ben claro que os matrimonios de conveniencia non saen ben,e o seu non iba ser diferente,polo que os maltratos fisicos, psicologicos, infidelidades e arredor de tres fillos bastardos non saían do común de moitos matrimonios da época.A diferenza é que Aldonza estivo dous anos nunha mazmorra en Ponferrada por orde do seu marido,quen ademais roubaballe as xoias e o diñeiro como se de unha amante calquera se tratase,cousa que ela non ía permitir xa que non era unha muller de vila ou pobo,era unha nobre e como tal,non recibira a mesma educación tan 'sumisa', ademas de que tiña moito patrimonio ás súas costas e non tiña porque depender de un home para manterse polo que esta muller foi a primeira en denunciar por vía xudicial o maltrato e vexaxacións que recibía de parte do seu marido, contando incluso con testigos.
A muller,en realidade, o que pretendía era recuperar a súa dote despois da execución do seu esposo por rebelión contra o rei...pero o que conta e a intención,non?

Bueno despois desta pequena historia que me chamou a atención deixovos un vídeo no que se explica mellor e máis concretamene o papel da muller galega na vida rural e na das cidades:

1 comentario:

  1. Está claro qye hai que dar grazas polo tempo que nos tocou vivir respecto á posición de muller na Idade Media.
    Pero en realidad a posición da muller segue a ser igual ou peor no mundo actual nalgúns lugares coma China, India ou Nepal...
    Hai moitos máis países nos que a muller queda relegada á posición dun animal máis có de unha persoa; por ismo mesmo é importante avanzar.
    Pero avanzar equiparadamente!
    Iso sí, hai unha cousa moito peor que un home machista na época actual; e iso é una MULLER machista!

    ResponderEliminar