martes, 3 de abril de 2012

A Galicia do XIX

Aquí tedes un conxunto de informacións con datos, imaxes e ligazóns de video sobre a Galicia do século XIX. O século no que a Galicia do Antigo Réxime vai finiquitando, mentres agroman os movementos de reivindicación nacionalista, rexurden ao fin a lingua e a cultura galegas, inícianse os tímidos comezos da industrialización, comeza a emigración masiva cara América, emerxe o movemento obreiro e numerosas figuras relevantes participan activamente na política e sociedade española: Lopez Nobal, Antolín Faraldo, Rosalia de Castro, Pablo Iglesias, Concepción Arenal, Pardo Bazán, Montero Ríos,e un longo etcétera; así como persoaxes tan curiosos como o primeiro asasino en serie, Manuel Blanco Romasanta, ou o "ganster" do XIX: Soupiñas e a mítica bandoleira "Pepa a Loba". O século XIX é un tesouro agochado de sucesos, contrastes, persoaxes, grandes e pequenas historias conformadoras da Galicia actual. Dende o banquete de Conxo ou a execución de Solís, ata o anteproxecto do primeiro Estatuto de Autonomía. Da sumisión aos intereses de fidalgos e clero na guerra contra os franceses e o fracaso da desamortización liberal, ata o emerxente movemento antiforal que sacudiu a sociedade galega. Do atraso secular de Galicia ata a tardía chegada do ferrocarril como paradigma da modernidade.. Todo un mundo por descubrir e degustar nas dialécticas conservador-progresista, federal ou republicano e o estoicismo dos labregos galegos. Dese século hai abondosa información na Biblioteca do Instituto e non digamos en Internet...Veña poñédevos mans a obra. No canle de You Tube de "Recunchos" hai aproximadamente 30 videos sobre este tempo..

2 comentarios: