martes, 17 de abril de 2012

SITUACIÓN ECONÓMICA E SOCIAL DOS LABREGOS DURANTE O S.XIX.

1.- Diversificación da situación
Unha estratificación elemental dos labregos permite facer as seguintes divisións:
Os caseteiros: son aqueles que só dispoñen dunha caseta ou casa moi humilde, cun par de ovillas e catro galiñas. Traballan a medias un pedazo de terra e levan as ovillas ao monte común. As veces son zapateiros, carpinteiros. Posiblemente tería un caseteiro cada lugar de 15 a 20 veciños. A modo de curiosidade, decir que a día de hoxe se visitamos unha aldea que conserve a súa estrutura primitiva, atoparemos unha caseta, actualmente habitada ou non, era do caseteiro.
Os caseiros: son os que traballan un lugar acasarado alleo, pagando ao dono a cantidade estipulada, que era a metade de todo o producto. A súa estabilidade é tan relativa que, se non hai contrato que fixe a duración, o caseiro pode ser botado sen máis trámite que un aviso previo dalgúns meses.
Os foreiros e arrendatarios: traballa a terra doutro, cunha diferencia significativa: mentres o foreiro adquire unha case-propiedade sobre a terra ata o punto de poder hipotecala, deixar en testamento, vender,…no caso do arrendatario debe ser abandonada no prazo fixado e na mesma condición en que se tomóu.
Os propietarios ricos: ante o campesiñado e os fidalgos hai unha capa social que xoga o papel de protagonista na sociedade galega do XIX. Son os campesiños que posúen e traballan as terras máis productivas, que posúen terras propias aforadas ou arrendadas a outros campesiños, e polas que reciben rendas. Teñen gando propio e gando en parzeria. Son os que procuran que algún fillo estudie na universidade ou para crego. E fan o posible por construir unha casona ou edifican moitas dependencias contiguas á casa.
2.- Situación económica
Somente foron capaces de resistir o difícil e duro século XIX os propietarios e certos campesiños. Varias circunstancias van concitarse contra o campesiñado. O endebedamento é a saída obrigada para gran parte dos labregos. A presión tributaria e a súa necesaría monetización, agravaron a situación obrigando o campesiñado a producir para un mercado. De aquí que o campesiñado medio pasóu fame e tivo que emigrar.
Somente unha capa social resistíu satisfactoriamente e melloróu o seu estado: os propietarios ricos. Verifican algo así como un inicio da reforma agraria cando deciden redimir as rendas, liberando así as súas terras. A desaparición da renda foral permítelles producir a custos máis baixos, concedéndolles uns índices de beneficios que posiblemente se reinverten no gando. Na década dos 60 hai síntomas dun importante comercio gandeiro de Galicia con Portugal e con Inglaterra. E lóxico pensar que esta capa social será a beneficiada pola exportación a Europa e, a partir da construcción do ferrocarril que unía con Madrid, pola exportación a España.
A gran masa campesiña sobrevive a duras penas. Soamente atopa na emigración unha solución desesperada.

3.- Os comportamentos sociaís dos labregos
Unha sociedade como a campesiña galega, económicamente estancanda, cunhas relacións de produción típicamente feudal, tén que manter paralela ou consecuentemente uns comportamentos superestructuraís propios dunha sociedade tradicional.
Relixiosidade: os labregos manteñen un corpo de crenzas que foi mínimamente alterada polo dogma católico, a pesar dos intentos eclesiásticos de monopolizar o fenómeno religioso.
A depuración das crenzas ou aderencias non cristiás arredor deste dogma no só non foi posible, senón que tal impureza foi mantida e favorecida pola Igrexa. Non debemos esquecer que o culto funerario pasaba necesariamente por un pago de tasas,…
En campos como o do santoral, a integración tamén se verificóu. Producense mecanismos inventados en Galicia como por exemplo o santoral como remedio, solución e medicina.
Se temos en conta que o mundo das crencias dos labregos está poboado de seres é lóxico que os labregos procurasen defensas na mesma categoría mítico-máxica.
Onde a integración non foi tan fácil é no ámbito institucional. A Igrexa procuróu monopolizar toda manifestación relixiosa do galego pola vía do convencimiento pola da coación. En canto as leis liberaís abriron un pouco a man, a xente deixaba de pagar os desmos e as oblatas. E decir o apoio económico á Igrexa non surxía dun convecimento, senón dunha obriga. Penso que entre o pobo galego e o clero nunca houbo fácil integración.
Formas de convivencia: típico das sociedades primitivas é o réximen comunal. Este abunda na Galicia no século XIX.
A preponderancia en Galicia da aldea ou agrupación de casas e a parroquia como forma superior de convivencia, patentizan a permanencia destas formas de vida comunal. E decir tamán nesto nos movemos no marco da sociedade primitiva, no que se encadra a sociedade galega da maior parte do século XIX.

4 comentarios: