domingo, 5 de febrero de 2012

O CASTELO DE MOECHE: A DIVISA LEGADA DO MEDIEVO.

Paseando por esta fermosa terra que é Moeche, onde naceu miña avoa materna, atopo o castelo, que é sen dúbida o primeiro sinal identificativo deste concello. Esta emplazado nun pequeño outeiro e dominando o val desde o norte, conforma unha planta octogonal irregular para adaptarse ó terreo (moi poucos castelos existen en España con esta particularidade).
Agora se vos parece vou adentrame no castelo e farei de guia para que coñezades as maravillas que el podemos atopar.

É interesante destacar estes elementos:
1.- Os muros e materiais. A torre de homenaxe, chamad ana zona “vara alta”, erguese ata uns 18 metros, mentres que no resto da fortaleza a altura oscila entre 11 e 13 metros.
O grosor é duns 3 metros pero en sectores (paseo de ronda inmediato á torre de homenaxe) acadan sobradamente os 3,5 metros. Semellante anchura con materiais máis resistentes, obedece á política de reconstrucción das fortalezas posterior ó derrubamento irmandiño que deben soporta-los embates dunha incipiente artillería. Non existe o clásico “toelo” de Moeche pola utilización na reconstrucción (iniciativa do Conde de Lemos) de maestros e oficiais das vascongadas, que descoñecían tal material; en consecuencia optan polo granito do Forgoselo para a maioría das portas, saeteiras, fumeira, esquinais do castelo, ameas e amplas dovelas das fiestras. O resto é básicamente mampostería de pizarra.
2.- As dependencias. Casi todas asentadas na ronda baixa: rasrillo ou patio de armas inmediato á entrada; rodeando o patio de honra e de dereita á esquerda: servidume, cabalarizas, habitacións de cabaleiros e persoal, comedor (coa fumeira ben conservada) e outras estancias de armas. A torre de homenaxe conta con dúas entradas ó interior do castelo de portas de corredeira, empotradas verticalmente nas paredes que se accionaban a vontade desde o interior (as fendechas nas paredes aínda poden observarse). Presentaba tres niveis: inferior e medio (calabozo e despensa); o superior, que se reservaba como vivenda do señor feudal, está flanqueado por dúas fiestras: unha dirixida ó exterior e outra orientada cara ó paseo de ronda (interior). O ático conta con postos de vigilancia e sistemas de desaugue.
3.- A escaleira de caracol, de granito, no interior dun muro de carga básicamente circular que conduce ó nivel superior. Dela parte unha boa porta de lucerna con mainel que permite a iluminación interior e á vez serve de acceso á que no futuro e unha vez rematada a reconstrucción, será a ronda media (os sainetes empotrados testemuñan a existencia deste nivel de pisos de madeira).
4.- A ronda superior, chamada simplemente “paseo de ronda”, ben conformada pola grosura das paredes. Permite un percorrido por todo o contorno da fortaleza e, ademais, á estancia superior da torre de homenaxe; tamén comunica por unhas escaleiras coa azotea: dende aquí domínase todo o val nunca impresionante vista.
5.- Postos de vixiancia e defensa, nos que destacan:
- As saeteiras: concavidades ou aspilleiras en forma de cuña empotradas na parede para disparar frechas.
- As ameas, flanqueadas por asentos de pedra para centinelas, están furadas por pequenas saeteiras (caso excepcional nos castelos galegos).
6.- Portas e fiestras. Presentan arcos románticos ou de medio punto con tendencia oxival e incluso plenamente oxivais con marcos sobre anchas dovelas graníticas. Este arco empézase a introducir no século XIII polo que representan a fase de transición románico-gótica, testemuñando a construcción do castelo posterior a esa época.
Aquí voi facer un inciso para comentar que fara aproximadamente 28 anos nun festival irmandiño un neno caeu dende unha fiestra da parte alta do castelo. Foi un susto tremendo para a xente que alí estaba (todo isto me o contou a miña avoa, xa que eu non nacera), pero gracias a deus o neno non morreu. Dende aquela esa fiestra estivo entablillada ata que o castelo foi reformado fará 8 anos e a fiestra se lle coñecía como a “porta falsa” polos veciños de Moeche.
7.- A heráldica ou escudos de armas. É unha axuda inestimable para a reconstrucción histórica. Pódense apreciar ata 5 tipos de pedras armerías (o castelo pasa por diferentes propietarios)
- Sobre a fiestra exterior da torre de homenaxe existen dous que simbolizan o matrimonio de Pedro Alvarez de Osorio con Beatriz de Castro. Os dous lobos andantes son do primeiro, mentres que o castelo de 3 torres e león rampante sobre seis roeis representan as armas, por esa orde, de castela-León e Beatriz de Castro.
- Nun plano inferior nesa mesma cara da torre: castelo con 3 torres e león rampante sobre 5 barras horizontais do duque de Arjona.
- Na entrada principal da torre de homenaxe e fiestra do baluarte que domina o rastrillo ou patio de armas, dous escudos de sete barras verticais que poden pertencer a Rodríguez de Valcárcel (o das Pontes).
8.- Novos elementos arqueológicos. Nas excavacións levadas a cabo aparecen os muros do primitivo castelo, son de menor grosor (uns 2 metros) e configuraban unha fortaleza de dimensións máis modestas: a que foi derrubada polos irmandiños. Atópase asimesmo no interior do patio de honra un pozo de auga, común nos castelos.
Tamén podemos atopar un Escudo que representa o matrimonio de Pedro Álvarez de Osorio (que son os dous lobos andantes da esquerda do escudo) con Beatriz de Castro (león rampante sobre seis roeles, á dereita do escudo). O castelo de tres torres simboliza as armas de Castela-León. Está situado sobre a fiestra exterior da torre homenaxe.
Logo está o Escudo con sete barras verticais do baluarte que domina o rastrillo ou patio de armas e que se atribúe a Rodríguez de Valcarce.
Destacamos tamén o Escudo ubicado nun plano inferior ó de Osorio e Beatriz, na torre de homenaxe e orientado lixeiramente á esquerda da parede: son as armas do Duque de Arjona.
E por último o Escudo situado sobre a entrada principal da torre homenaxe: de novo as sete barras verticais e que probablemente tamén pertenza os Rodríguez de Valcarce.
Partes do castelo
1.- Porta principal e ponte levadiza
2.- Praza de armas (rastrillo)
3.- Torre de homenaxe
4.- Zona de servidumbre
5.- Patio de honra
6.- Cabalarizas
7.- Habitacións
8.- Comedor
9.- Xente de armas






1 comentario:

  1. está moi ben a entrada e moi completa!! un gran traballo o de dixitalizar as fotos dos libros antigos !!
    pero creo que é demasiado longa, debería ser más levadeira para lela toda dun tacazo!

    ResponderEliminar