martes, 7 de febrero de 2012

A mirada dun noble contemporáneo

Recoméndovos que miredes iste video. Nel exprésanse opinións e ideas dun aristócrata contemporáneo: Cayetano Martinez de Irujo da Casa de Alba. A casa de Alba é unha familia nobiliar nacida na Coroa de Castela no século XIV. Foi na mesma época do agromar da casa dos Andrade en Pontedeume. O rei Enrique II de Castela outorga unha vila e diversas posesións en Alba de Tormes a Alvarez de Toledo polos servizos prestados na Guerra civil castelá. Ao longo dos séculos os diferentes reis de España foron outorgándolle mais honras e señoríos. Hoxe a Casa Alba posee unha das fortunas mais grandes de España, conformada por pazos, terreos agrícolas, propiedades inmobiliarias, sociedades, participacións en bolsa e unha extraordinaria colección de arte. Case 34 000 hectareas, algunhas delas en terras galegas como o Castelo de Castro Caldelas. Na entrevista podedes comprobar cómo a pesar do tempo transcurrido, hai certas cousas que non mudaron dende a Idade Media.

6 comentarios:

  1. Nunca pensei que teria a paciencia para ver un video asi de largo pero estivo moi entretido Elda!gustoume moito,as caras de Jordi as veces eran poemas!jajajajajjajajaj esta fatal

    ResponderEliminar
  2. Jajajaja! eu puxen un vídeo cortiño pero foi manolo quen subiu este!
    en realidade hai cousas que non cambiaron nada! É moi fácil dicir que querería vivir na Idade Media se fora na posición que ten e tiña a súa familia naquel tempo!
    Pero fai falta ter ...

    ResponderEliminar
  3. e verdade elda hai cousas que non cambiaron nada con respecto a idade media.

    ResponderEliminar
  4. Se nos poñemos a pensar claro está que esta xente e pobre pero o único que pensan é, facer cenas e conseguir beneficios pra darllelos ao traballadores, anda! Ninguén se cree iso, eu non teño 3 mercedes e unha mansion por amor ao arte. Que vivan nunha casiña, e faga unha lotería mensual, así si que axudarían algo, por moito que diga que non son ricos.. se volvedes a ver o video lle vibra a voz.n,n,non somos ri,ri,ricos.

    ResponderEliminar
  5. O pasado sempre estará no prensente, todo volve.

    ResponderEliminar