miércoles, 30 de noviembre de 2011

[des]amor


Como xa fixen unha entrada no meu blog sobre as vodas romanas , agora toca un pouco do contrario

Despois de casar e ser felices e comer perdices todo iba ven, pero que pasaba se o amor se acaba?Podían divorciarse as persoas nestes tempos?

martes, 29 de noviembre de 2011

Un pouco de historia

Aqui vos deixo nun pequeno resumo a historia da torre de Hercules, construida na época dos romanos:

A Torre de Hércules foi construída polos romanos como faro de navegación no século II d. C., comprendida a construción entre os reinados de Nerón e Vespasiano en función dos achados de fragmentos de terra sigillata e vasos de paredes finas datables entre os anos 40 e 80 de nosa era[cita requirida]. A inscrición ao pé da torre e as referencias documentais sobre a cidade de Brigantium (A Coruña) revelan a existencia dun faro da época de Trajano.

Os dioses romanos.

A relixion romana era politeista (copiada de Grecia) aqui os deixo un pequeno resume dos seus dioses mais importantes comparados tamen cos seus antecedentes gregos:


JUPITER: Divindade itálica do ceo, a luz e os fenómenos atmosféricos. Considerado tamén o deus supremo do panteón antigo. Formaba primeiro parte da Triada con Marte e Quiri, substituída logo pola triada Capitolina, con Juno e Minerva. Pola súa condición de príncipe dos deuses foi identificado co Zeus grego e asumiu os seus mitos. Correspondíalle a cela central do templo do Capitolio, pero tiña outras na cidade, a do forum antigo.


Datos interesantes sobre os romanos.

A continuación, os conto algunas cousiñas interesantes sobre os pobos romanos.
-No circo romano, os espectadores sempre intentaban conseguir sangue do gladiador victorioso, xa que crían que daba sorte e saúde. Co sudor, as mulleres facían cremas para o corpo.
-Durante as obras de teatro, siempre se  mataba de verdad a un dos actores, ainda que sempre utilizaban a un condeado.
-O xogo infantil de 'poñerlle a cola ao burro', ten os seus comezos na Antiga Roman, en ocasións de festexo, un escravo era colgado, espido, das pernas e dos mans e os invitados (tamén espidos) con ollos tapados, intentaban colocarlle ' a cola ao burro'.
-Se lles comezó a poñer herraduras aos cabalos porque os romanos comezaron a pavimentar as súas calles.
-Ante o xuiz, os romanos xuraban dicir a verdad apretandose os testículos coa man dereita, de ahí vén a palabra ' testificar'.

Lucius o "garumeiro"

Ola!, chámome Lucius, é nacin en Pontevedra no ano 230. Traballo nunha factoría de Garum na Lanzada, que din os vellos que foi formada por un antecesor castrexo noso que viaxou e aprendeu a técnida de elaboración. Nós non facemos o Garum corrente, se non que facemos unha variación chamada licuamen... a verdade é que é moi parecida o Garum, pero nos temos outra receita, botámoslle lapas dunha rocha preto da facotría. Todos os días teñome que levantar cedo e ir xunto con Marcus e Décimus a rocha e alí cheamos todas os cestos de lapas, cando rematamos os levamos a factoría e procedemos a elaboración do Garum, é moi facil de facer!, so temos que coller unha anfora e por na súa base hinojo, cilantro, apio, ajedre, despois botámoslle as lapas, bisceras de peixe, e mais productos do mar. Despois só temos que esperar uns meses para que esté feito para tomar. A nosa factoría envia o noso producto a Roma e a Segovia.


Pero toda a miña vida non é traballo, tamén teño tempo para ocio. O que mais me gusta é ir ós baños públicos a darme uns baños fríos e quentes e recibir masaxes. As véces os meus amigos e mais eu imos o circo a ver as pelexas entre animais e despois imos a tabernae a cear en tomar un pouco e viño.

Ó día seguinte volverá a mesma rutina... a ver se compranos o Garum dende mais civitas e asi podo facerme rico e construirme unha vila!

Augas romanas

As burgas e a chavasqueira


As burgas na provincia de Ourense é unha especie de fonte que emana auga termal provenciente dun manantial subterráneo igual cas augas de "La chavasqueira" unha especie de lugar no que existen pozas desta agua á orilla del río Miño gratuitamente e xusto ao lado un espacio cercado onde existe un servizo de cafetería e vestiarios con taquillas e no seu interior varias pozas con augas subterráneas con minerais a diferentes temperaturas saunas masaxes... polo prezo de 3.5 euros.
Estas dúas construccións teñen un auga coas mesmas propiedades e en moitas ocasións dise que cura os problemas de pel ou de dor de músculos e ósos e moitas persoas deciden recoller en garrafas o auga das burgas para bebela nas súas casas polas súas propiedades mineraies.
A orixe do nome das Burgas non está moi claro, para algúns autores pode proceder do celta "beru" que quere dicir quente, pero a etimoloxía máis aceptada e a que indica su procedencia del latín "burca" que quiere decir pila, en alusión a los baños utilizados por los romanos como balnearios.

Deixo aquí algunhas de las fotos destos lugares que poden ser visitados tanto no verám como no invierno.

Piscina Romana resaurada en Lugo.

Piscina Romana restaurada en Lugo



















 

A piscina romana atopada a mediados do século pasado no subsolo da praza de Santa María, en pleno centro do centro histórico de Lugo. Onte vin nas noticias este articulo e me pareceu interesante, restauraron a piscina e a cubriron cun cristal para que a xente a poida ver.

Construcción das calzadas romanas

Atopei un bo video que explica a construcción das calzadas romanas moi brevemente. Pero o malo é que non o atopei en galego. Neste clip explícase o proceso de construcción das vías romanas no cal empregan un método que segue os mesmos principios que hoxe ainda que o aparello é máis primitivo (pero non menos eficiente). Leva incorparados dous pesos de chumbo dos que se axuda para medir a distancia sen que varíe o ancho da rúa. Asímesmo pódese ver que os arquitectos que construían as calzadas eran, a parte de profesionais, creativos. E cabe destacar o logro destas construccións dado que tiñan que soportar o paso das tropas romanas por elas, o cal, o facían sen inmutarse.
Queda aquí o proceso. Concretamente é a vía Apia que atravesa case por completo de norte a sur a península itálica.

lunes, 28 de noviembre de 2011

Roma relixiosa

Na maioria das civilizacións un gran organo de poder e de influencia sobre o pobo era e segue sendo a relixión, por iso vou falar da mitoloxía romana que foi herdada da grega, pero ten influencias etruscas e ademais añadidos propios dos romanos e incluso deuses traidos da mitoloxía exipcia e da frixia ( actual Anatolia).
Nas casas era obligatorio rendir culto aos deuses do fogar, rendiaselles culto cun lume perpetuo, o pai de familia era considerado coma un sacerdote, para a vida normal os deuses máis importantes eran os seguintes:
Nundina: do nacemento e desenrrolo do home
Educa e Pontina: do comer
Cunina: dos bebes e das matronas polo seu leite
Ossipago: fortalece os osos
Abeona: enseñaba a andar
Fabulinus: enseñaba a falar
Terduca: protexia ó neno no camiño hacia a escola
Domiduca: protexia ó neno no camiño de volta da escola

Arde Lucus

Vouvos expoñer unha festa celebrada en Lugo con tintes romanos,para recordar o pasado histórico da cidade.
Arde Lucus celebrase a fins de mes de Xuño dende fai 11 anos...tan importante é esta festa que declarouse Fiesta de interés turístico de Galiza e participan ao menos un millón de persoas.Alí podes casarte polo rito celta,facer vida 'romana' coa tú,nica representativa ir ao circo, ao mercado artesanal, presenciar desfiles,etc

 Case na súa totalidade a cidade preparase para este acontecemento cheo de luces,cores e motivos celtas e romanos.






Unha festa envexable por donde a mires,e que. sen dúbida está na miña lista de cousas pendentes :)

domingo, 27 de noviembre de 2011

Calzadas Romanas

Os Romanos construirón estradas. Para facelo facían uns pasos que veredes a continuación:
-O primeiro que facían era a elaboración do trazado da estrada.
Cando xa se había tomado a decesión de construir a estrada, a delimitación da ruta era traballo dos topógrafos, chamados mensores romanos. Os topógrafos utilizaban instrumentos para o replanteo do trazado das vías romanas. Utilizaban un instrumento chamado a Dioptra, que estaba composto por dous limbos graduados, un vertical e outro horizontal. Servía para o replanteo das aliniacións da estrada.As vías romanas se caracterizaban por ser moi rectilíneas nos térreos llanos. Evitan as zonas inundables e as inmediacións dos ríos. Cando había que cruzar un río, a vía pasaba por unha ponte xeralmente de pedra. As vías se ensanchaban nas curvas para permitir que xirasen mellor os carros.

sábado, 26 de noviembre de 2011

Relixión: Crenza ou adoctrinamento?

Sen permiso de Elda "roubeille" unha entrada que me pareceu sobresainte e que pode dar pistas do tipo das aportacións que fan que "Recunchos da memoria" teña sentido. Podedes vela íntegra e coas ligazóns pertinentes no seu blog. Diso se trata... de facerse preguntas sobre o pasado, de relacionar o presente coa historia e de facermos preguntas en lugar de acumular certezas...Aí vai:

Quedeime bastante pensativa despois da anterior clase de Historia e Xeografía de Galicia; o tema do que falamos foi a entrada da relixión cristiá en todo o Imperio Romano e o que isto conlevou...
Eu, antes de estas clases, realmente pensaba que os romanos entraran na península conquistando, loitando, impoñendo o seu idioma e queimando todo ó seu paso (case coma Atila, rey dos Hunos).
Pero a realidade é moi diferente das ideas que eu tiña na miña cabeza: Os romanos, entraron pacíficamente no noso territorio, os castrexos que por entonces aquí habitaban non foron para nada perturbados e non impoñeron o seu idioma; senón que había que aprender este porque era necesario o medio de comunicación para abrirse paso e buscar un lugar no novo mundo que estaba a nacer. Moitos aínda quedaron nos castros, pero outros decidiron coñecelo.
Ademáis, os romanos eran completamente tolerantes: tanto na relixión (aceptaban e respectaban todas), como no dereito (aínda nós temos as bases e estudamos o dereito romano), coma no sexo (considerábano un presente dos deuses). Pero ¿os romanos non perseguían antes ós cristianos; que tiñan que esconderse nas catacumbas para poder facer culto ao seu deus? Entón eu respondo, sí. Os romanos os perseguían xa que como ben dixen antes, eles eran tolerantes con todas as relixións; e pola contra, os cristiáns defendían que só podía existir un deus e unha relixión (a súa). Para demostrar esta tolerancia está o exemplo do templo de deusa exipcia Isis na actual provincia de Lugo.
Tamén fixéronse aperturas destas catacumbas aquí moi cerca noso, na capital de Santiago de Compostela, e non encontraron os restos do Apóstolo Santiago. Como dí neste artigo da Voz de Galicia:
"Lo que no ha aparecido en la necrópolis son pruebas que confirmen que los restos del Apóstol se encontraran allí, aunque como explicaba el deán de la catedral, José María Díaz, tampoco de que no lo hiciesen. "Por lo que todo es conforme a la tradición, aunque no probativo", concluía.
Todo isto ven a conto da historia de Prisciliano, da que seguidamente vos falarei...
Coa chegada do emperador Teodosio: A relixión cristiana convertiuse na relixión oficial do Imperio.
Comezou a intolerancia relixiosa, a persecución ós que non foran cristianos; e a diferente concepción da vida; con un Deus xusticiero e poderoso. Por suposto, é básico coñecer a historia de Prisciliano (para mín era tamén un descoñecido) e valorar o seu papel na historia. Ademáis, él era galego. Prisciliano defendía cousas coma o ascetismo, a seu pensamento era de carácter igualitario e libertario. Os cristianos acusárono de facer maxia en reuniones nocturnas nos bosques con mulleres e gnosticismo. Como eu o entendo nesta páxina explica que o gnosticismo quere dicir que "a materia é mala e a nosa alma é boa". Polo tanto, a alma está atrapada no mundo material. ¿Vos soa tamén a un certo platonismo?. Pero bueno, ó caso; acusárono tamén pola sú concepción sabeliana do misterio da Trinidade.
Pero xunto con él tamén perseguiron a moitos máis que non eran afíns as súas ideas coas dos cristiáns.
Así pois, comezou tamén a concepción de "pecado" e a prohibición de cousas (coma as termas e baños romanos) que ata entón formaban parte da vida cotidiana de calqueira romano.
Este retroceso (dendo o meu punto de vista, claramente) chega ata o Renacemento, cando "renace" (valga a redundancia), a concepción do home coma centro de todas as cousas, o humanismo.
Entón, eu pregunto: ¿Coñecen realmente todos os cristiáns a súa verdadeira historia?¿Pódese defender a violencia en nome de calqueira deus?¿Temos que estar abertos ás ideas de alguén que é en realidade intolerante con outras relixións?
Eu, respecto a todas e cada unha das relixións; pero por suposto non estou de acordo coa intolerancia, coa mentira ou co adoctrinamento. Grazas á evolución do mundo e o acceso de calqueira á historia, á verdade, e á cultura podemos saber todas estas cousas.
Porque a miña liberdade acaba onde comeza a do outro, e ningún deus nin ningunha relixión poderá influír na miña vida ou nos meus pensamentos.
Entón, humildemente, eu pregunto... ¿Quén coñece de verdade a realidade da nosa historia?¿Qué pensades vós?
Aquí deixo o polémico texto...
Publicado por Elda Martínez en 01:58

viernes, 25 de noviembre de 2011

os traballos e os dias dos habitantes os castros

Hoxe subín este clip a Cliphistoria sobre a vida dos castrexos antes da chegada dos romanos.  Posiblemente poida interesarvos..

lunes, 21 de noviembre de 2011

Dende o Obradoiro cara o mundo...

Aproveitando a excursión a Santiago deixo aquí unha imaxe que podedes ver na fachada do Hostal dos Reis Católicos. Non é románico pero non deixa de estar en Galicia... En fin, polo que parece Xoan Bautista tiña outra "dote" aparte da de bautizar ou, a lo menos, iso quería facernos ver o escultor. Ben por aburrimento, ben por meterse coa Igrexa ou pode que polas dúas cousas...


Chegan os romanos..

Hoxe subin iste novo clip a Cliphistoria e o canle de recunchos, grazas a quen me gravou "O legado celta". Vai da chegada dos romanos á Gallaecia,
Aí tedes (só 4 minutos):

viernes, 18 de noviembre de 2011

A vida dun romano rico

Os romanos ricos dividen o seu tempo entre a carreira publica e os negocios privados. ¡Sen olvidar os praceres dos baños e os da mesa!

Mañas estudosas:
Ao amanecer, o romano rico recibe na sua casa aos cidadans pobres. Distribuelles unha cesta-desayuno. Espera ser premiado pola sua xenerosidade no momento das eleccions, porque moi frecuentemente leva unha carreira politica. Despois, tras solucionar os asuntos concernintes as propiedades e bens, vai o foro ou ao senado pra exercer as suas funcions de maxistrado. ¡A medio dia, a sua xornada de traballo xa rematou!

jueves, 17 de noviembre de 2011

Ser un neno romano

Según a riqueza da familia, o xoven romano tera unha educacion mais ou menos aventaxada... se non e abandonado o nacer, costume aceptada pola ley.

Os recen nacidos:
No curso dunha ceremonia familiar, o pai amosa que recoñece ao neno colocandoo nos seus brazos. Pero o pai tamen pode rechazalo se e deforme, por exemplo. Enton o abandona e os que o recollan o transformaran en esclavo ou poden querelo como se fose o seu propio fillo.

¡Tres nomes!:
O apelido familiar do neno suele terminar en latin por "ius", como Claudius. O seu nome e o de un dos seus antepasados: Marcus, Titus... O apodo resalta un rasgo persoal, como Rufus, "pelirrojo", o Brutus, "tonto".

Ritos funerarios de Roma.

Que facían os romanos cando lles morría alguén?

Ao morrer alguén en Roma podíanselle celebrar dous tipos de ritos funerarios: A inhumación ou a incineración. A inhumación consiste en en soterrar a alguén en corpo enteiro nunha tomba ou nun nicho e a incineración é quemar o corpo e soterrar as cinzas. Tanto un rito coma o outro séguense a empregar aínda hoxe en día como moitas das nosas costumes que ignoramos que proveñen da mente romana.
As tombas tiñan elementos para poder celebrar banquetes funerarios cos que honrar ao morto coma ceadores, exedras ou pozos. Ás veces sacrificaban animais para facer unha ofrenda con sangue
Sempre que a morte o permitía, o funeral iniciábase na casa do defunto e a familia acompañaba ao moribundo aos seus aposentos para darlle o último bico e reter a alma que se escapaba pola súa boca.
Despois de morrer se lle chamaba tres veces polo seu nome para comprobar realmente se morrera e a continuación lavábaselle o corpo se perfumaba con ungüentos e vestíaselle.
Os luxos nos funerais estaban prohibidos por lei pero copiando a costume grega, xunto ao cadaver colocábase unha moeda para que Caronte transportara a súa alma na barca e atravesar así a laguna Estigia cara o reino dos mortos.
Finalmente se colocaba o morto nunha liteira cos pes cara a orta de entrada rodeado de flores.
Segundo a condición social permañecia exposto de 3 a 7 días e como sinal de dor evitaban prender lume na casa.

martes, 15 de noviembre de 2011

Mmmmmmmm¡¡¡


Tod@s a coñecemos. Pasa por ser un das iconas do capitalismo dos EEUU;  un símbolo do consumismo e do fast food.... Sen embargo, estamos diante dun dos pratos mais populares do imperio romano: a Isicia Omentata. A receita é igual de simple: carne de res picada mesturada con piñóns, pementa, sal e un pouquiño de viño branco. Despois dábaselle  un toque de garum, no medio do pan. O primeiro libro de receitas que se conserva está escrito en latín por Marcus Gavius Apicius, patricio e gastrónomo romano que viviu durante o  reinado do  emperador Tiberio no século I. O seu libro, hoxe é un clásico imprescindible:  "De re coquinari" (Sobre a cociña).
 
  Os lexionarios romanos espallaron ista sinxela receita por todo o imperio  ata ao actual Hamburgo, (Alemania), onde tomará o nome "moderno" de hamburguesa. Dous mil anos despois, a finais do século XIX, os inmigrantes alemáns transportarán ista costume aos EEUU, e así converterase nunha das marcas  do "imperio" contemporáneo. Neste estupendo blog tes abondosa información sobre os pratos mais diversos  e divertidos da gastronomía romana. Anímaste a cociñar á romana? ....De seguro que deixarás alucinad@s as túas amistades....

lunes, 14 de noviembre de 2011

Os nomes contan historias

Un xeito de entender que o pasado ainda vive no presente é a análise dos topónimos de ríos, vales e montañas espallados pola complicada xeografía de Galicia. Unha das primeiras cousas que facemos os humanos diante de territorios descoñecidos e poñerlle nome ao que nos rodea. Os nomes nos transportan a tempos case máxicos  que permiten "apropiarnos" do territorio e entendelo. Mirade se non, o que da de sí a análise da orixe do topónimo do rio Bibei (Ourense). O río ten unha fermosísima ponte romana construida en tempos de Trajano; sin dúbida algunha a mellor de Galicia. Nos seus 2 000 anos de vida nunca precisou unha reparación. Coñeceu o tráfico dos galaicos romanos da Via XVIII entre Braga e Astorga e ainda hoxe soporta o tráfico pesado da Carretera  Ponterrada-Ourense/OU-533 sin inmutarse.

domingo, 13 de noviembre de 2011

Para introducir o tema...

Non ten especial relación coa Galicia romana pero serve para introducir con humor o tema. Aí vos deixo unha escena dos Monty Python da película "A vida de Brian".

sábado, 12 de noviembre de 2011

Materiais sobre Galicia Romana

Aquí tedes algúns materiais sobre a Galicia romana. Dispoñen de moitos hiperenlaces a textos e vídeos, así como a cronoloxía e podedes descargalo tamén desde "Documentos". Basicamente son materiais que poden servir de fonte "inspiradora"! para os vosos traballos. Tamén buscamos videos sobre calquera aspecto da cultura romana en Galicia, que podan publicarse no canle de Recunchos. Lembrade que para que funcionen as ligazóns teredes que baixar o documento. Alguén se anima a facer unha cronoloxía "ilustrada" (con videos, fotos e documentos) da Galaecia romana?; Ou unha presentación das pegadas actuais da civilización romana en Galicia?; Ou un libro recopilatorio de textos romanos relacionados con Galicia?; ou un completo mapa interactivo coas calzadas, cidades, vilas e campamentos?..etc..etc

jueves, 10 de noviembre de 2011

Graffitis das cidades romanas

Propoño que miredes ben este vídeo. Non é un vídeo educativo ao uso, nin tampouco convencional;  é unha videocreación realizada polo cineasta galego Marcos Nine. (Nesta ligazón explica o por qué e o cómo deste traballo). Xa comentamos que o mundo globalizado de Roma era similar ao noso en moitos aspectos. Por exemplo os grafittis que coloreaban nas paredes das rúas do imperio romano. Os contidos dos grafittis eran idénticos aos que “ilustran” as rúas do Ferrol contemporáneo: anuncios de alugueres  ou ventas de edificios; anuncios de eventos, de sexo,  de campañas políticas..etc.... En "Manuscritos Pompeianos", Marcos compara os grafitis da cidade de Pompeia cós grafittis da calquera cidade contemporánea…Tamén nas cidades da Gallaecia antiga (Lucus, Astúrica ou Braccara) existiron  imaxes semellantes. Non vos da que  pensar un pouco?

martes, 8 de noviembre de 2011

Dos Romanos aos Suevos

A romanización de Galicia é un proceso polo que o pobo galaico, que habitaba os castros antes da chegada dos romanos, acaba asimilando a cultura romana (lingua, relixión e manifestacions artisticas) unha vez que se incorpora plenamente ao Imperio.
O proceso de romanización comeza no momento que os romanos entran en contacto co pobo galaico.


Descuberta dunha nova "pedra do sol" e novo post para Elda

A carón da "deusa" moura que vimos o outro día apareceu outra figura humana na pedra. Neste caso "emerxe" a outra hora diferente: cara o solpor. Sorprendente non?


Asemade o arqueólogo e descubridor deste estraordinario xacemento, Antón Malde, tamén escribe a Elda:
Ola Elda
A importancia da luz solar, o seu efeito na visibilidade das figuras da Pena Furada é algo mais que chulo. É moi fermoso observar in situ ese xogo luces que fan emerxer figuras que senon pasan…desapercebidas. Mas tamén indica que pode existir unha relación simbólica entre as figuras (sexa o que for representado) e a posición do sol.
É dificil substraerse á emoción da observación estes efeitos, mais resultan coerentes cun xacimento complexo, conformado por unha serie de actuacións construtivas proxectadas e ordenadas con antecedencia. Non hai lugar ao chou.
Na Pena Furada sabíamos que as orientacións eran moi importantes: ordenan elementos construtivos e tamén as figuras. Mais tamén relacionan as figuras coa luz que suxiren novos significados.
Cando se fala con asombro dos «antepasados» (do outren do tempo evolutivo) sempre lembro que a intelixencia é universal, alén tecnoloxías… Igual que esta constación foi froito da intelixencia colectiva: da percepción de Manolo Gago, das fotos de Sole, e do traballo posterior de Elisa mais eu. Unha grande satisfacción como director.
Imaxe aérea de todo o xacemento

O enterro do avó.

Despois de todo o que fixera por nos, non podía permitir que o corpo do avó xacera cuberto de pedras sen mais; el merecía un fogar no que o seu espírito quedase gardado para sempre. Polo momento só llo dixera a meu pai, que o vía como unha loucura, pero apoioume. Era consciente do tempo que levaría atopar as pedras adecuadas.

Por onde vivian os castrexos?

Moita xente seguramente preguntariase porque zonas vivian e habitaban os diferentes pobos castrexos.Os dieferentes pobos castrexos non tiñan uns limites territoriais definidos. As lendas dician que a cultura castrexa abarcaba a Galiza actual,non solo ocupaba Galiza senon que tamen comprende a parte occidental de Asturias até o río navia e o norte de Portugal entre os ríos Miño e Douro.Algo mais complicado e determinar as zonas de influencia da cultura castrexa segundo algunhas lendas y autores lle corresponderian as zonas limítrofes de León, Salamanca e Zamora.Tamén lle correspoderian como zonas de influencia Asturias até o río Sella e Portugal até Coimbra.Aqui vos deixo a imaxe dun mapa onde aparecen definidos os limites territorias e as zonas de influencia da cultura castrexa.



Extensión e xeografía da Galiza castrexa

Dúas vidas paralelas

A presentación que tedes a continuación intenta recrear unha comparación da rutina dos nenos de hoxe en día e os da vida castrexa,cun pouco de humor; as nosas protagonistas son Amanda e Amade..Espero que vos guste.

lunes, 7 de noviembre de 2011

Manolo Gago contesta a Elda

Manuel Gago xornalista, e autor dun dos blogs mais seguidos do pais Capítulo Cero, e tamén autor do vídeo sobre Pena Furada escribe a propósito do comentario de Elda no noso Blog. Polo seu interés xeral reproducímolo integramente aquí para tod@s:

Ola, Elda:   Mira, a relación dos nosos devanceiros co territorio era moi distinta á actual. Ata a época dos nosos avós, todo o que nos rodeaba tiña nomes e sentidos. Pero agora comezamos a saber que ese proceso, na Prehistoria e ao longo da Antigüidade, era moito máis acentuado: os montes tiñan funcións militares, funcións de soberanía, funcións sagradas.
O caso da luz é un dos máis chulos. Desde a época dos dólmenes, que no tempo que se fixo a Moura xa tiñan miles de anos, en Galicia os monumentos sagrados construíanse en relación ao sol. Os dólmenes teñen as súas portas cara o Abrente, e están rodeados por seixos, por cuarzos, que son pedras que en Galicia teñen un significado especial.
O que ten de interesante a Moura é que, desa época -final da Idade do Ferro, época romana- en Galicia non temos ningunha gravura in situ que teña esta relación tan especial co sol. Cremos que isto nos está contando, sin palabras, algo que aínda non sabemos: quen era esa Moura e que facía. Nós xa estamos tendo algunhas ideas, pero aínda estamos traballando niso.
Aviseille ao director da intervención, o arqueólogo Antón Malde, para que tamén el che conte algo sobre isto.

Misterios en pedra

Xa falamos en clase sobre o misterio da "Pedra Furada" en Cambre, como os restos dun tempo arcano onde os homes miraban ao sol e a natureza era a deusa nai.  Mirade qué video tan suxerente, onde se ve claramente cómo a luz solar modifica completamente a nosa percepción da realidade. As 12 da mañán exactamente, a figura adequire a sua máxima potencia.  Cómo o vedes?

sábado, 5 de noviembre de 2011

A lingua e a Historia de Galicia

Un novo video para que lle deades ao coco.. Buscando elementos sobre os que construir a historia de Galicia...E a lingua galega será entón un dos sinais de identidade dos galegos? Veña, ho, agardo participación masiva...


A Lingua sabe a Pan from cpivirxedasaleta on Vimeo.

Recunchos de Pontedeume



Boas noites!
Case pasando xa este curto fin de semán, ocorréuseme ilustrar un pouquiño o meu blog cunhas fotos que encontrei xustamente hoxe, de fai 3 anos, nas que pódese apreciar o meu pobo (Pontedeume) e as Fragas do Eume, marabilloso lugar que da título a este blog :)
Non vou a atribuírme o mérito que debe de levar a fotógrafo, un amigo asturiano do meu pai que, como todo visitante de este pobo debería facer cada vez que ven, vai de ruta pola vila e polas fragas, ata chegar ó Mosteiro de Caaveiro.

jueves, 3 de noviembre de 2011

A COSTA DA MORTE



Poucos lugares haberá no mundo que teñan un nome tan tráxico e á vez tan revelador da cotiá realidade das súas xentes, como a "Costa da Morte".
Ignoro quen tivo o acerto de bautizala con tal tenebrosa denominación nin cando o fixo. Razóns non lle faltaron. 

Na aldea, sempre que tiña ocasión de falar con algún dos vellos do lugar, preguntáballes se coñecían de onde procedía esta denominación tan mortecina da costa. Tiven moitas e variadas respostas.
Algúns anciáns defendían que é o xusto cualificativo para un lugar onde, até hai moi poucos anos, a pirataría aldeá cernou moitas vidas de pacíficas tripulacións que navegaban polas súas augas costeiras, orixinando unha sombría lenda, que segue pesando, aínda hoxe, sobre os seus poboadores.