Este sería un arado rudimentario e, se cadra, o máis habitual no século XIX (hoxe non me atrevería a empregar o adxectivo "habitual"). Ben, como se pode ver vai tirado por dous bois. Cada parella de bois ou vacas que se xonguen xuntos recibe o nome de xugada. Polo que ata Marilyn podería deducir que aquí hai 1 xugada (sí, pode que fora moi intelixente pero polo que eu sei os calificativos "intelixente" e "tonta" non son incompatibles). Pois agora resultará sinxelo imaxinar un arado tirado por once xugadas de bois. Nada máis e nada menos que vintedous bois tirando dun arado, co cal o mesmo, en funcionamento, acada unha lonxitude de trinta e cinco metros e precisa do traballo dunhas setenta persoas. Falo do arado do que xa falara Sarmiento no século XVIII. Un arado que supera en dimensións a outros atopados en Francia e Vietman, tamén de considerables dimensións, e que probablemente sexa o máis longo do mundo.
Xaquín Lorenzo, nado en Ourense e, entre outras cousas, etnógrafo, recolle na súa Historia de Galicia: "Un curioso arado con un aspecto muy viejo". Esta cita do historiador e escritor máis coñecido como "Xocas" despertou a curiosidade de Olimpio Liste, quen funda o primeiro museo etnográfico de Galicia en 1972, coa axuda de Ferro Couselo e Xaquín Lorenzo. Liste iniciou unha investigación para localizar as pezas do devandito arado e, finalmente, foi quen de reconstruílo e hoxe está a disposición do público no Museo Etnográfico Liste de Oseira.
moi interesante iago, menos mal que evolucianos o unico bo que tiñan esos arados era que non gastaban combustible jaja
ResponderEliminarSi tes razón e o peor non é iso senón que seguro moitos galego non teñen ni idea de para que servía o arado!
ResponderEliminarmenuda fera!
ResponderEliminar