lunes, 4 de junio de 2012

ATA SEMPRE HISTORIA DE GALICIA

Querría darlle as grazas por última vez, a manolo por impartir esta asignatura de maneira diferente a os demais, grazas a él, aprendimos a traballar dunha maneira distinta ao resto, ai que dicir que noslo pasamos moi ben ao longo do curso, tanto sexa falando do sexo na historia de galicia, como facendo videos desta asignatura, é unha pena que xa a acabáramos de impartila, porque creo que todos hemos disfrutado de tela, pero coma sempre eu digo " a opera non acaba ata que cante a gorda" así que desexo o mellor para os que a van a impartila o ano que ven. por ultimo vou a desexar toda a sorte a manolo, e que siga por moito tempo igual con gañas de traballar no ensino e de transmitir as suas ideas para que os seus alumnos aprendan, cousa que e moi dificil encontrar a día de hoxe no noso instituto, xente que dende tan cerca nos amose como traballar ben. Non me vou a estender moito mais que xa sabedes que despois do corto que fixemos marcos e eu, nos sairon varias ofertas de traballo para os goya, outra vez grazas manolo e tamen grazas recunchos, ata sempre...

viernes, 1 de junio de 2012

país de farándula e pandereta

Con motivo do final deste último curso 2012 escribirei unhas pouquiñas palabras sobre a nova asignatura que imparte Manolo, Hª De Galiza, e sobre o que significou para mín.
A comezos de curso non tiñamos moi claro que ía ser de nós con esa nova optativa.
Manolo deixounos libertade para decidir como preferíamos que fose dada.
Así pois, dímonos de conta do cuadriculado dos nosos novos cerebros.
Algúns defendían que lles deran uns apuntes e que preferían o vello sistema de chapar ---> vomitar.
Outros decantáronse por "innovacións" no sistema de aprendizaxe; como ter dado un pouco de liberdade e que cada un se tomara a asignatura adecuándoa ás destrezas propias. É dicir, se a un se lle daba ben dibuxar, pois facer cómics ou ilustracións propias, se a outro parecíalle mellor escribir pois facendo relatos, se o seguinte afanaba facer reportaxes pois saíndo á rúa e facendo entrevistas; etc.
Desta maneira, cada un síntese máis seguro no campo que mellor se lle da ou que mellor controla, e pode coñecer diversas maneiras de asimilar os conceptos e diferentes formas de traballo; non cuadriculando o seu cerebro como se vén dando dende casi a escola infantil.

Persoalmente, sendo unha persoa bastante interesada na actualidade, este último curso aumentou en mín dalgunha maneira a faceta reivindicativa.
Este último ano dinme conta de que a historia non era como a viña dando dende facía máis de 10 anos. Non.
A historia non son os datos que algúns historiadores pretenden inculcarnos a través dos libros omitindo os que consideran oportunos.
Hai moita historia que todavía está sen revelar, e que non quere ser revelada. Hai moita historia detrás da historia.
O interesante é entender de qué maneira afectou a historia na nosa actualidade, no noso presente.
Meténdome un pouco na historia recente que nos inculcan este ano, a do XIX e a do XX; segundo o meu punto de vista e gracias ós novos coñecementos adquiridos, no século XXI vivimos a Segunda Restauración Borbónica, co que esto implica. É dicir, coas mesmas características que a anterior de finais do XIX: alternancia no poder dos dous partidos, o máis conservador (PP) e o ... "menos conservador" (PSOE), corrupción (máis da metade no escándalo político) e caciquismo; nun país cheo de duplicacións inútiles e organismos innecesarios do goberno; evasión de impostos, condonacións de deudas millonarias, sobornos e delitos que claman ó ceo. Sobre todo sabendo que eses cargos, sexan ricos empresarios ou para máis inri, políticos, queden impunes, sen un exemplar castigo da xustiza. Moito pedir para a mediocridade da política española.
Aquí vén a conto (e eu tiña ganas de falalo): Aleix Saló Braut, un interesante, intelixente e divertido catalán nacido en Ripollet que co seu cómic Españistán pretende facer chegar de maneira moi sinxela as causas do gran declive do noso país, e de todos os asuntos deplorables que rodean ós asoballados cidadáns.
Dalgunha maneira, de xeito humorístico fai unha crónica dende os últimos 10 anos, e será inevitable que non vos botedes unhas risas léndoo.
 Non puiden evitar que me recordara a tí (Manolo), un parágrafo do epílogo do libro no que expresa que vivimos "nunha sorte de neofeudalismo disfrazado de capitalismo meritocrático".
Realmente a xente ten conciencia de estar tan asoballada? A clase traballadora, ou, mellor é dicir, o 80% das persoas mileuristas españolas protestan pola súa precaria condición, pero, até qué punto saben de que maneira están sendo asoballadas?

Grazas por despertar en mín o interese do debate, da historia, e do coñecemento.
Grazas, Manolo, por ser un profesor tan de puta madre!!
Facían falta na ensinanza máis coma tí, e menos frustrados que por un motivo ou por outro, sen vocación, decidiron a docencia!


jueves, 31 de mayo de 2012

Despedida

Luis Espiñeira: Non é que o meu labor traballador ao longo do curso fose un exemplo a seguir, mais quero comenzar asumindo o que nun principio parecíame unha idea absurda, aprender a historia de Galicia dunha maneira diferente. Agora entendo que non é necesario coller un taco de apuntes e aprender os numeros datos e fechas que aparecen neles, á semana seguinte esquecerei todo, nin por suposto copiando datos da wikipedia. A mellor forma é investigando por ti mesmo sen eses datos artificiais que aparecen en páginas web e libros. Desta maneira a medida que atopes datos, éstes non serán esquecidos tan fácilmente. Asi que xa sabedes abride as vosas mentes..
Conclúo dándolle as miñas sinceiras grazas a Manolo por todo o aportado ao longo do curso !

lunes, 28 de mayo de 2012

Non é un adeus, e un ata logo !

Este curso ha sido un tanto peculiar, en canto a profesores e alumnos, e se teño que quedarme con algún recordo escollería as clases de H de Galicia. Unhas clases diferentes nas que viamos Galicia dende outra perspectiva, unhas clases nas que tiñas libre elección no momento de facer un traballo, o cal podías enfocalo dende a perspectiva que ti quixeses e se podía ser da forma mais orixinal posible. Aínda que Manolo as veces non valoraba como debera os traballos que lle entregaban sempre mostrou interés e ofreceu a súa axuda os que a necesitaban. Por todo isto e considerando que esta e a primeira entrada escrita que che fago en todo o curso dedícote a aportación que mais che gustaba de todas, un GIF!!!

Adeus, recunchos

Adeus blog, adeus recunchos, adeus entradas pequenas... En fin, eu non sei cando nos veremos, pero si sei que o ano que ven tócalle o turno a outros... Diríalles que aproveitaran a oportunidade de poder expresarse eles mesmos neste sistema ou no bacherelato, como queirades chamalo. Se cadra algúns poden espertar esa creatividade que tantos anos leva durmida ó tempo que aprenden a ver a historia de Galicia dende diferentes perspectivas que de seguro descoñecen... En calqueira caso sobran as palabras para con este blog e esta clase, pois funcionarios hainos a patadas, mais profesores moi poucos...
Grazas Manolo.


lunes, 21 de mayo de 2012

Dende os castrexos ata as campanadas do 2000

Durante este curso estudamos moito sobre a historia de Galicia, aprendimos o pasado co fin de coñecelo e entender o presente. 
Sabemos agora que Galicia ten moita história, moito que contarnos e quizais moito que ainda non sepamos. Sabemos que pasou por bós momentos e por outro que foron máis baixos.


Moitas veces vese Galicia como un lugar de paletos ou de xente inculta, pero a verdade é totalmente diferente. Hai poucos lugares que teñan unha mezcla cultural tran grande como a que nos temos (Castrexos, Romanos, Suevos, algo dos vikingos...) 
Todos os séculos son relevantes, todos teñen algo mesmo ata os séculos escuros e os suevos. 


Galicia xa dende o devén da história foi un lugar elonxado da man de deus que pouco se fixo ou se quexo facer por el. Sempre foi o que iba por detras de todos os avances tenolóxicos e industriais, pero a verdade que dende o século XX, parece que histo cambiou. Xa se pode dicir que Galicia é un lugar "moderno", é posible que ainda non telamos rascaceos ou parques de attracciones, pero teñen outros as nosas praias, os nosos prados, os nosos acantilados ou os nosos montes? 
Non querria facer disto un discurso político ou algo polo estilo, simplemente un breve glosario que enmarcase o porqué do nosos presente. 


En definitiva paréceme que é importante coñecer a historia e mais aun do lugar onde vives e de donde te criaste.

domingo, 20 de mayo de 2012

Curiosidades...

Sabíades que? O meu irmán naceu o 14 de xaneiro do ano 1997. Levaba a miña nai unha semana hospitalizada preparando o parto. Estaba programado para o día martes e trece.
Chegou a data esperada e ningúen acudiu a ela para preparala, nin apareceu o médico. O único que se pasaron a decirlle foi que era martes e trece, que era un día de mala sorte, e que retrasarían o parto un día. Pero o que de verdade pasaba en Ferrol e alrededores era que...
Sucedeu rápido. A una e media da madrugada o día trece de 1998 o Discoverer derribaba parte do Ponte da As Pías. 
As amarras da antiga Astano que retían ao Enterprise, cederon ao empuxe do temporal. Foi imposible evitar o choque do petrolífero contra a ponte. isto provocou o aislamiento, que durante varios meses obrigou aos conductores a dar un rodeo de vinte quilómetros (pola carreteira de Castilla ata Neda) para entrar ou saír da cidade. E así o médico da miña nai non puido chegar a tempo.
As lanchas e os trenes tiveron grande importancia durante eses meses. e os políticos recompensáronnos liberando de peaxe ese tramo da autopista. 
É algo moi cercano a nos, que a maioría, nin recordamos.

 

Vouvos contar unha historia...


 
É a mellor das avoas. Chámase María, ou Maruja e ten hoxe 69 anos. A súa historia é moi especial, contábama de nena, as veces que eu quedaba a dormir na súa casa.
Naceu en Labrada, unha pequeña aldea pertencente a Guitiriz, Lugo. Vivía cos seus país, o seu avó, e a súa xoven madriña.
A vida era pobre, mais diferente e entretida aínda que moito máis dura. No día a día, na mesa so se topaba pan, caldo e a leite da súa vaca, e moi ás veces, algún ovo.
Era unha nena alegre, contaba con monecas para xogar. Diferentes as nosas, claro, estaban feitas de espigas de maíz e vestidas con restos de trapiños que lle collía a miña bis avoa.
Tivo a sorte de poder ir a escola aos sete anos. Era unha aventura chegar ate alí todos os días, incluso a cabalo do seu pai, se trala choiva tiñan que evitar mollarse.
Arredor de cumplir os trece anos, e tras saberse a tabla de multiplicar mellor que calquera de nos, xa tiña edad para traballar. Collía un pao, e a vaca, e coidaba dela polo día mentres pastaba.
Gustábanlle moito as festas, e ela e as súas veciñas, poñían as zocas ae chegar ao campo da festa, e alí as cambiaban polos seus zapatos. Pero non é a primeira vez que se quedaban sen festa, xa que a Garda Civil, chegaba á celebración e mandaba parar á orquesta.
Cos seus dazasete anos, chegou o seu primer traballo. Traballaba para unha costureira á que apodaban ‘’a ama’’. Ían de casa en casa cosendo. Percorrían quilómetros e quilómetros coas máquinas na cabeza e pasaban ate oito días fora da casa durmindo nas casas onde cosían; madrugando se a ama madrugaba e servíndose pouca comida se ela o facía, aínda que morreran de fame.
Máis tarde veu a Ferrol, a casa da súa madriña, en Catabois. Axudábaa coa terra, coidando aos porcos, e coas tarefas da casa. Estivo tres meses aquí nunha escola de corte e confección. Coñeceu ao meu avó.
Gustáballe a aldea, pero desde que coñeceu ao meu avó, leváballe a vida quedarse en Ferrol para sempre. Fixo o que puido, e ía a viña da súa casa, a casa da súa madriña.
Ten dúas anécdotas que nunca se cansa de contar. Mentres era moza do meu avó, pero non vivía en Ferrol, a súa maneira para verse era nas festas ou feiras. Unha das veces, quedaron na Feira de Parga. O meu avó collía un autobús dende Ferrol, ela dende a súa casa tiña que percorrer un longo camino ata coller o bus, coa mala sorte de que o perderon. Un veciño que se dedicaba a facer viaxes das aldeas á feira, como se fose un taxi de hoxe, se ofreceo a levala; a ela, o seu tío e o seu primo, xa que non ía solo a ningures. Mais mentres que a eles lles pasaba todos iso, meu avó chegou a Parga, e ao non vela, segui no bus ate Guitiriz. Miña avoa chegou tarde, comeron os tres sós o xantar que traía ela nunha cestiña, e á tarde, foron para Guitiriz. Xa na tarde noite, atopáronse, e compartiron un pequeño tempo no coche de liña, de Guitiriz a Labrada, a miña avoa quedou, e o meu avó segui ata Ferrol.
A outra anécdota, ten que ver co patrón da aldea, que aínda hoxe vamos todos a celebrar. A xente, para vixar á aldea, apuntábese nuns coches que os levaban ata aló. A madriña da miña avoa, collía o se una Praza de España, para ir ao patrón. Alí, veu ao meu avó rondando arredor dos coches, e ofreceuse a levalo na súa viaxe. Miña avoa levou unha sorpresa, podía estar na festa con el e ao rematar el volvería a Ferrol cos da orquesta. Pero  verdadeira sorpresa levouna el cando soupo que a orquesta tardaba en volver outro día máis. Era impensable levar o mozo á casa, e o pobre do meu avó durmiu nnha palleira e aseouse nun río. Iso si era amor!
Despois de tres anos moceando, casaron. Na casa onde vivo eu hoxe (aínda que reconstruída) vivían os meus avós, cos país do meu avó.
Miña avoa traballou todo o que puido, por mellorar a súa vida. As cousas en Ferrol eran un pouco mellores. Coidar da terra xa non era o seu medio de vida, ao nacer o meu pai puxo un posto de frutas na praza. E sete anos despois, ao nacer a miña tía, puxo un quiosco que durou ate hai doce anos.
Seguimos a ter unha horta e galiñas. Pero me avó navega por internet mellor que eu. E para min, as palabras deles, son a mello rollada ao pasado que poido ter. E isto e só un resumo…

Galicia

Nós.


NÓS somos un grupo de xovesd loitando por todas as inxustizas daquesta xeración onde nos toca vivir. Non queremos vivir con medo do que poida pasar nun futuro, queremos un galego libre de opresión, non pedimos que este este por encima do castelán, se non que teña os mesmos dereitos.
Queremos a normalización da nosa lingua, do nosos ser, da nosa natureza e da nosa liberdade, porque non é so unha lingua, se non unha forma de vida, a nosa forma de vida, e nos non podemos actuar encontra dela, é algo propio do noso ser, sería actúar encontra de nós mesmos.
Xamás sentirás o que é a morriña se non sabes como somos os galegos nin a cultura que nos identifica. Por iso debemos de coidar todo o que temos, empezando polo noso idioma e rematando polo polbo á mugardesa!
Os máis novos hai que empregar o noso idioma para falar con eles, de maneira que asi de xeración en xeración nunca perderase o noso método. Hai que conytinuar coas tradicións de sempre, coma as comidas en casa de avoa os domingos, o polbo os sábados, as empanadas, a choiva durantes días prolongados e o olor cando para a campo mollado, as pradeiras verdes e as árbores castiñeiras en outono, as alfombras de flores,os consellos dos bós amigos, os “vais caer” e os “malo será”, as fogueiras en San Xoán… e moito máis que compartimos unha serie de persoas, polo cal imos loitar por unha igualdade.

sábado, 19 de mayo de 2012

OS MAQUIS EN GZ


O maquis en Galicia
Mal que se pense dende hoxe, na Galiza que vota PP, este pais tivo un maquis, os fuxidos, os que se botaron ó monte, que durou moitos anos.
O derradeiro que andivo polos montes (as fragas do eume foron un dos lugares polos que andiveron anos e anos)foi José Castro Veiga "O piloto", morto pola Garda Civil o 10 de marzo de 1.965, na parroquia de San Fiz (Chantada).
Os movimentos dos maquis polos montes galegos foron un tema das conversas e comentarios en moitos dos fogares de Galiza, cando ninguén escoitaba e falanado baixiño, neses anos da  longa noite de pedra.
"botáronse ó monte"!

FOLGA XERAL DO 72

O 10 de marzo de 1972 produciuse en Ferrol unha amnifestación dos obreiros da Bazán. Se dirixían a factoría de Astano en Fene, buscando a solidadriedade dos compañeiros cando chegaban o ponte das Pías a policiía fíxolles frente, dispararon. Morreron Amador Rey e Daniel Niebla, houbo mais de coarente feridos de bala, e moitos detidos.
Nos seguintes días houbo folgas e manifestaciós na comarca e por toda Galicia. Os estudantes universitarios tamén se solidarizaron.
Este feitos foron moi importantes para o desenvolvemento dos sindicatos na nosa terra nos derradeiros anos do franquismo.

Grupo Nós

Grupo de intelectuais galegos, coetáneos das Irmandades da fala, que conferiu á cultura galega unha altura intelectual que non tivera até entón.
O Grupo Nós, así chamado polo título da revista que publicaron (Nós), estaba composto, entre outros, por Vicente Risco, Ramón Otero Pedrayo, Antón Losada Dieguez e Florentino López Cuevillas.
Trátase dos representantes dunha xeración de inadaptados que descubrirían e achegaríanse a Galicia despois dun periplo por culturas estrañas. De rigorosa formación intelectual, estes homes realizaron un valioso traballo de estudo e fortalecemento da cultura galega. Con eles, a prosa galega excede o costumismo e o ruralismo e ábrese a horizontes novos, máis universais e, ao tempo, máis enraizados na cultura galega.
En 1920 saía en Ourense o primeiro número da revista Nós co subtítulo de 'Revista mensual da cultura galega'. Interveñen nesta empresa cultural Risco, Otero Pedrayo, Cuevillas, Cabanillas, Castelao.
Os compoñentes do grupo Nós tiveron unha formación literaria baseada no simbolismo francés e nas correntes de finais do XIX. Evolucionaron desde un esteticismo evasivo, neorromántico e cosmopolita (un tanto snob) até un galeguismo universal. A súa toma de conciencia calará na época das Irmandades da fala.
Obxetivos do Grupo Nós:
Sentimento de ter unha tarefa que cumplir, crear para sempre a cultura galega. É a primeira vez na historia da literatura galega que atopamos un grupo que propón colectivamente organizar a restauración da cultura galega, creando órganos de expresión propia e participando nas loitas pola defensa do idioma.
Contribucións do Grupo Nós:Os homes da Xeración Nós fixeron unha aportación moi importante á cultura galega.
No plano político: Vicente Risco fai unha definición teórica do Nacionalismo Galego, no seu ensaio "Teoría do nacionalismo galego", noque exalta o ser de Galicia como nación a través da lingua, da terra e da raza.
Os integrantes da Xeración Nós participarán na formación do Partido Galeguista e defenderán a Galicia nas Cortes Republicanas a través dos deputados Otero Pedrayo e Castelao. Tamén serán protagonistas destacados no desenvolvemento de múltiples accións que levarán á elaboración do Estatuto de Autonomía.
No plano científico: É importante a elavoración de obras ensaísticas en galego, deste xeito quedará de manifesto que a nosa lingua podía se-lo vehículo de expresión non só de obras de creación literaria, senón tamén científicas.
Neste plano podemos destacar os traballos de Risco sobre Etnografía, os ensaios de Otero Pedrayo sobre Historia, Xeografía e paisaxe galega, e os estudios de Cuevillas sobre a Prehistoria Galega e a Arqueoloxía.
No plano literario: Os homes de Nós souberon crear unha prosa que se integra nas correntes da cultura galega universal. A prosa vai a ser un instrumento apto para a difusión científica e para a creación literaria.
No plano narrativo: Hai que ter en conta que ata a publicación da obra narrativa dos homes do grupo Nós, a prosa galega non tivera un cultivo literario importante; vai ser esta xeración a que consolide a prosa, que ata entón soamente dera os seus primeiros pasos. Os homes de Nós, que eran fundamentalmente narradores e ensaístas, escribiron tamén teatro, como mostra do seu polifacetismo. As súas obras teñen un carácter máis literario que escénico, é dicir, están pensadas máis para ser lidas que para ser representadas.

Emigración

Moitos poden pesar que esas imaxes de centos de persoas embarcando cara América no porto de Vigo quedan xa moi lonxe dos nosos tempos, que iso xa é froito da historia , coma se fose imposible volver esa imaxe do vapor Serra Pinto baixo os llantos de nais e fillos que quedaban nas suas casas esperando que a sorte lles sorrise aos seus pais e maridos na América de aquel momento, esperando o seu regreso. Moitos foron os que regresaron triunfantes, alí atoparon numerosos postos de traballo, acadando así unha situación económica agradable pero foron moitos mais os que non puideron regresar a Galicia, deixando en mans da sua sorte a nais e fillos.
Pois ben, isto non queda tan lonxe dos nosos tempos, se substituímos esa imaxe do porto de Vigo pola do aeroporto de Vigo ou de Barajas, poderemos ver que a emigración esta volvendo a acadar un papel importante na sociedade galega.
Moitos foron os intelectuais e grandes escritores que véronse na necesidade de emigrar deixando así a Galicia nun papel secundario en comparación ao resto de España, agora son igualmente que no século XX os paises americános os que estanse a beneficiar dos nosos intelectuais e das mellores mentes do noso pais que vense obrigados mediante a incapacidade de poder espallar as súas ideas nun pais que cada día va a peor.


Aqui vos deixo un mapa dos principais lugares de emigración na acualidade, que por certo non ten nada que envidiarlle ao do século XX.

http://www.lavozdegalicia.es/lavozdelaemigracion/2007/12/18/00031197981956239684549.htm

O Carballiño

Hoxe falarei da festa do polbo de O Carballiño, un pobo de Ourense.
O polbo de O Carballiño deu orixe á celebración dunha das festas gastronómicas máis multitudinarias e características de Galicia. Esta festa Se celebra cada segundo domingo de agosto no parque municipal da vila e goza do privilexio de ser considerada dende 1969 festa de interese turístico. Comenzou como unha actividade máis dentro das feestas patronais de San Cibrán por iniciativa dun grupo de amigos, pero pronto adquiriu identidade propia e fama en toda Galicia. Contribuíron as campañas de difusión realizadas polo concello, pero tamén os emigrantes, que a teñen como referencia e punto de encontro durante as vacacións estivales. Dende os anos 80 cada celebración se lle adicou a unha cidade a América e Europa con centros galegos relevantes. Pero o mérito de tanto éxito radica en dous factores: no seu carácter popular e no marco no que se desenrola, no parque municipal. Miles de persoas acuden cada ano a esta romaría, considerada como unha das maiores manifestacións gastronómicas de Galicia,na que se contan por millares os kilos de productos que se consumen (polbo, carne, pan de Cea e empanadas), e os litros de vino do Ribeiro có que se acompañan.
Esta festa ao igual que outras parecidas como a do pulpo en mugardos están acompañadas de actividades das que poden disfrutar tanto os nenos coma adultos como por exemplo o ano pasado elaborouse a tapa de polbo máis grande do Mundo na Plaza Maior de Carballiño, ou un concurso de camisetas. É unha boa opción para as vacacións de verán!

viernes, 18 de mayo de 2012

A catástrofe do Mar Exeo

O Mar Egeo, un petroleiro grego, encalla na costa coruñesa o 3 de diceembro do ano 1992 causando uns daños devastadores a nivel ecolóxico. O buque tiña 261 metros de eslora por 40 de manga. O feito tivo lugar ás cinco da madrugada a apenas a uns 100 metros da costa, enfrente da Torre de Hércules.



Moita xente, especialmente as novas xeracións, nin sequera coñecen o catastrófico suceso ensombrecido xa polo desastre do pretoleiro Prestige en 2002. E o Prestige non foi o segundo pretroleiro nos últimos tempos que explota na costa galega. O petroleiro Urquila explota na entrada do porto da Coruña no ano 1976. Pero, volveendo ó 1992, o petroleiro Mar Egeo verteu na costa coruñesa 79.096 toneladas de petróleo cru. E foi ás dez da mañá cando o fuel non cesaba de fluir polas moitas vías provocadas polo accidente cando o petrolero parteu en dous e sete dos seus nove tanques estalaron en chamas.


O Mar Egeo levaba un total de 30 pasajeros abordo. Nel quedaron 7 persoas para intentar levar a porto o barco mais, ó aparecer as primeiras gretas, foron tamén evacuadas ante a inminente ruptura do buque, o cal tieña estado detido horas antes na ría de Ares para descargar vertidos.
A complexidade do accidente foi considerable ata o punto de que tiveron que intervir numerosos helicópteros e barcos de rescate sendo evacuadas 100 vivendas da cidade na zona máis próxima ó accidente.



E aínda que o Prestige resulte máis recente, seguramente o fuel desprendido polo Mar Egeo todavía segue contaminando a costa galega. E con total seguridade todas as persoas que viviron en Ferrol no ano 1992 recordarán a nube negra de fume que chegou ata a cidade ensuciando ventás e cristais.




Dí das letras galegas


jueves, 17 de mayo de 2012

Símbolos ferrolanos.

Hoxe vou falar dun monumento que estivo aquí en Ferrol durante moitos anos e que despois de outros tantos se consegui que se quitara. Trátase da cruz dos caídos, un monumento franquista recordatorio dos vencedores na Guerra Civil, do mesmo modo que se levantou o Valle dos Caídos en Madrid (1940-1958)en San Lorenzo do Escorial. Esta Cruz foi inaugurado en xullo de 1940 e está situada na praza de Amboage , plaza cercana á súa residencia natal situada na rúa María
.
Praza.
Casa de Franco. Por fin, o 8 de xullo de 2010, 70 anos despois, 5 operarios procederon a derrubala e colocar no seu lugar ,xunto con outras reformas da praza , unha rampa. Non é este símbolo franquista o único que se eliminou nesta a nosa cidade , soamente fai falla recordar a estatua de Franco a cabalo que centralizaba a praza de España que seraba unha rotonda nesta avenida.
Este retrato ecuestre do dictador foi levantado o ano 1967 e foi fundida nos fornos de Bazán e os promotores do tributo á figura do xeneralísimo foron os responsables do Casino Ferrolano. Esta estatua tiña máis de 6 metros de altura , pero a súa estancia nesta praza ferrolana rematou 35 anos despois tras ter estado no punto de mira de distintos colectivos políticos e sociais. En 2002 foi retirada da praza e finalmente se decidiu levala ao museo naval de Ferrol. Ademáis destes dous monumentos , en 1979 tralas primeiras eleccións locales democráticas, a coalición de socialistas e comunistas que gobernó en aquela época se apresuró a reformar o mapa de rúas para substituír nomes como a avenida do xeralísimo (actual estrada de Castela), Xeneral Aranda (Sol) ou Xosé Antonio Girón de Velasco (Carballo Calero). Sen embargo, a cidade aínda conserva vestixios dadictadura que terán que desaparecer tal e como obriga a aplicación da Ley de Memoria Histórica. Cómpre coñecer a historia do teu país e sobre todo a da túa cidade aínda que hai cousas das que é mellor non acordarse.

miércoles, 9 de mayo de 2012