jueves, 2 de febrero de 2012
Novas da Historia de Galicia
Tal como levamos contando na clase dende comezo do curso, a Historia antiga de Galicia está a experimentar unha profunda transformación da man dos novos arqueólogos que poñen en custión moito do aprendido nos ultimos anos nas clases de Historia ou do escrito nos libros de texto. Un exemplo podédelo comprobar nesta nova aparecida en El País co título "Mentiras castrexas en el insti" ou nesta outra na Voz de Galicia : Una tesis rompe con los tópicos castreños. Pero como estamos na Idade media, ai vos queda unha entrevista con Carlos Barros sobre as a Revolta Irmandiña. Deberíades escoitala, porque é unha clase "ao vivo" impartida polo máximo especialista mundial na materia. Para que logo digades que non tedes "fontes de inspiración".
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario