View more PowerPoint from Manolo Gonzalez
martes, 21 de febrero de 2012
Novos materiais, clips e documentos
Aquí tedes o asunto que nos ocupará nos vindeiros días: a Galicia dos séculos XV ao XVIII, etapa que algúns autores denominan "Anos escuros". Neste tempo, Galicia perderá o protagonismo do medievo e afundirase nos currunchos da historia do estado español. A lingua galega só será falada polas clases mais baixas, mentres que as poderosas imporán o castelán. Tan só a fidalguía e a igrexa conseguirán un certo esplendor grazas por suposto, as rendas e o esforzo dos sufridos labregos (o 80% da poboación). A chegada do millo e a pataca de América terá unha enorme repercusión na vida cotián dos galegos deste tempo. E no século XVIII, un grupo de galegos ilustrados comenzarán a pensar solucións de futuro en clave de país. Son séculos de luces e sombras, de miserias cotiáns, grandezas en pedra (o barroco galego) e monopolio ideolóxico da igrexa coa ferramenta implacable da Inquisición. Nesta presentación toparedes moitos materiais que pretenden aportar pistas e alumear a vosa curiosidade.5. Anos escuros (XV-XVIII)
Tamen tedes a vosa disposición unha nova lista de distribución con case vinte videos sobre o tema no Canle de Youtube Recunchos da memoria. Tamén alí toparedes inspiración e material dabondo para viaxar aos tempos mais escuros da Historia de Galicia.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
gústame o tema da implacable Inquisición e todos os seus asuntos que sí que eran "escuros" ...
ResponderEliminaro tema esta ben solo que son 115 diapositivas e velas todas leva o seu tempo.
ResponderEliminarHoxe xa é o último día para poñer toda a información que levamos buscado.
ResponderEliminar