sábado, 4 de febrero de 2012

Comeduras de tarro dos galegos medievais

O percebe galego, tal e como o coñecemos, leva consigo numerosas historias. Unha delas remóntase á Idade Media:
Pensábase por aquel entón que os gansos proviñan da "Árbore dos gansos", pois facían os seus niños en lugares moi escondidos. Foi entón que un nobre galego, como non, mandou buscar o lugar onde se agochaban estas aves. Pero foi sorpresa que o que atoparon os seus investigadores non foi precisamente o niño da ave. Toparon con algo parecido a isto:

 
Deron en pensar entón que o crustáceo era a fase xuvenil do ganso. E claro, a parte alongada sería o futuro pescozo e as manchas brancas as ás do ave... É así que percebe no inglés é goose barnacle, que se traduce coma ganso-percebe.

Deixo, xa que estamos, unha curta documental acerca dos percebeiros ambientada en Cedeira. Paga a pena vela. Foi preseleccionada para os Premios Goya 2012.

3 comentarios: