domingo, 5 de febrero de 2012

Homes e mulleres nos mosteiros

Na Alta Idade media Galega, moitos mosteiros eran dúplices, e dicir convivían monxes e monxas nas mesmas dependencias. Dende o punto de vista da Igrexa actual sería moi escandaloso que algo así acontecera. Que Álvaro comece a imaxinar posibilidades.. (mellor non)...A súa orixe procedía dalgunhas casas familiares convertidas en cenobios cando familias enteiras decidían acollerse a regras relixiosas e formar unha comunidade monacal casi ao comezo do cristianismo. Como se chegaron a cometer algúns "excesos", comezaron a non estar ben vistos polas autoridades eclesiásticas. Mesmo adoptaron regras moi estritas recollidas no texto "Regula comunis", no que se describían polo miudo os espazos dos mosteiros: todos deberían ser dobres para garantir a separación de homes e mulleres. Sen embargo, coa celebración del Concilio de Coyanza (1050), impúxose a regra de San Bieito como modelo que se debía observar en todos os mosteiros existentes na Península. O Papa Gregorio VII prohíbeos no 1080, pero aínda existía algún a comezos do século XII. Tedes aquí dous clips, no primeiro asistimos a chegada dun bispo galego -defensor dos mosteiros dúplices- a unha comunidade deste monacato primitivo de grande arraigo en Galicia;

No segundo clip podedes asistir en directo a intervención dun Delegado do Papa que puña fin a istas particulares "comunas" medievais.

3 comentarios:

  1. esta moi ben o video porque ensina como vivian os monxes nos mosteiros, e tamen me chama atencion que pepo suevos faga de monxe.

    ResponderEliminar
  2. En realidade eles eran os máis viciosos!!!
    se se deixaran de tonterías sobrenaturais e creran máis nas persoas mellor lles iría!

    ResponderEliminar