Deixo aquí unhas imaxes propias sacadas de gravacións máis longas que tomei do Mosterio do Couto, lugar onde fun bautizado, por certo, e un edificio medieval que paga a pena visitar. Se queredes pasarvos a visitalo penso que xa volven a oficiar misas nel e está aberto ao público (ata vai pouco estaba en reformas pero penso que quedouse en proxecto). De todos modos se vos pasades calquera día seguramente atopedes a unha muller alí que vos amosara o lugar e as diferentes dependencias con moito gusto pero, a cambio, iso si, deberedes contestar con seguridade a moitas preguntas persoais que pode que vos faga. Sempre é unha novidade ter algunha visita por alí e poder contarlle ás amigas do coro quen pasou polo mosteiro (sí, a lo menos cando fun eu a muller díxome que tiñan un coro parroquial) e, a poder ser, a súa vida persoal e especialmente o seu parentesco. Aí quedan.
Moi bos efectos agregados as fotos Iago! Gustanme moito.
ResponderEliminarGracias Marcos. Eu me quedo coa primeira pero a curiosa espada que atravesa o mosteiro na segunda da que pensar.. jajaja
Eliminarostras iago te quedaron moi ben a as fotos.
ResponderEliminarAs imaxes son moi boas Iago, e o sitio é realmente interesante tanto pola sua historia como o seu entorno natural, ao lado dunha autovia jej
ResponderEliminarjajaja que razón tes!
ResponderEliminarSi tes razón Marcos estan moi ben esas fotos!
ResponderEliminar