lunes, 2 de enero de 2012

Entrada dos Suevos no Imperio Romano e asentamento en Hispania.

Os suevos estaban dirixidos polo rei Hermerico, en decembro do 406 e en compañia doutros pobos xermánicos cruzaron o río Rin, que estaba xeado, a altura de Maguncia, penetrando no Imperio romano. Durante dous anos movéronse as suas anchas polas Galias, dedicándose ao saqueo e pillaxe. No 409, xunto cos vándalos e alanos penetraron en Hispania, atravesando o Pirineo Occidental. Estos pobos asolaron o norte da península, ata que no 411 os suevos e vándalos asdingos asentáronse na provincia de Gallaecia, firmando un pacto(foedus) co emperador Honorio e establecendo o seu centro político en Bracara Augusta. Pronto surdiron problemas con vándalos, os cales dirixironse a Bética e posteriormente pasaron a África romana. Debido ao seu escaso número ( apenas uns 30000), os suevos estiveron agrupados.

O seu réximen de goberno era a monarquía. Os reis suevos extendense dende Hermerico ata Andeca, que no 585 foi derrotado polo rei visigodo Leovigildo.
En su historia sueborum, Isidoro de Sevilla deixa constancia de que o Regnum Sueborum duró exactamente 177 años e fecha erróneamente o seu inicio no 408 ( xa que os suevos non penetraron na península Ibérica ata o 409).

2 comentarios: