Efectivamente a música debía ser omnipresente na vida cotiá da Galicia medieval. É un dos aspectos que sen dúbida matizaría o caracter tosco e gris co que se representa habitualmente a Idade Media no cinema, os textos escolares ou os medios de comunicación e coa que non concordo en absoluto. Nos castelos soaba a música (lirica galaico-medieval), tamén soaba en igrexas e mosteiros (cantos relixiosos de todo tipo) e por suposto, sobre todo, as cancións soaban en aldeas e pobos en festas ou romarías con gaitas, flautas, bombos e tambores moi similares á musica popular galega actual. Lamentablemente ista musica popular non foi "escrita" e non chegou ata nos. Mais si sabemos da súa existencia polas condenas da igrexa a ista música popular por "profana" e as veces "pagana".
Aquí vos deixo tamén varios enlaces que complementan a entrada de Tiviti. En primeiro lugar, o que podería ser unha cantiga popular cunha zanfoña do cantautor Amancio Prada: (visita esta web para coñecer a iste singular artista. Recomendo que pinches na cantiga Danza do caravel)
En segundo lugar, o son peculiar dun estrano instrumento medieval: o Organistrum
E para rematar, a recreación dun drama litúrxico do século XII e que foi a base na que se inspirou o Mestre Mateo para facer o Pórtico da Gloria: o Ordo Prophetarum
Mais..tranquilos porque o asunto da música na Idade Media é practicamente infinito. Quen queira seguir indagando ten tema para mais de 100 entradas diferentes
Pareceme moi interesante este artículo!, temos sorte, xa que parece que na actualidade a xente esta empezando a retomar a zanfoña
ResponderEliminaro song que produce o Organistrum pudo ser usado nalgunha película? Me ven a memoria..
ResponderEliminarestan moi ben os song sobre todo o do organistrum.
ResponderEliminaré incrible canta cantidade de instrumentos tiñan no pasado.. e ademáis eran complicados, non eran instrumentos sinxelos!
ResponderEliminar