sábado, 28 de enero de 2012

O dereito de pernada na Galicia medieval

Quero recordarvos a todos, antes de que sexa demasiado tarde, que o tema no que andamos é a Galicia medieval. Polo tanto, todas as aportacións que non se fíen ao asunto exacto no que andamos non serán tidas en conta. O xoves 26 de xaneiro, Carlos Barros, profesor titular de Historia medieval na Universidade de Santiago, pronunciou unha conferencia en Pontedeume sobre  "O dereito de pernada na Galicia medieval". Aquí tedes a conferencia íntegra para os que queiran escoitala. Na súa paxina web podedes descargar materiais, así como escoitar moitas das súas conferencias sobre Galicia medieval (é ademais un especialista na Revolta Irmandiña)

3 comentarios:

  1. é realmente increíble o Dereito de Pernada...
    é como se o señor feudal fora o macho alfa!
    Queda ben claro a qué nivel estaban as mulleres na Idade Media... Máis ou menos como agora en Nepal ou India!!

    ResponderEliminar
  2. no dereito da pernada o señor feudal era o jefe facia o que queria!e nese tempo as mulleres ainda non tiñan nada de igualdade.

    ResponderEliminar
  3. Buf.. póñenme moi de malhumor estas cousas .. pero intentare comentar algo sen alterarme.

    Sí, é verdade que de aquela pasaba isto e a muller sen disposición non se negaba , sei que sería difícil pero se unha se revela e despois dous e despois todas e atacaran contra o señor feudal acabarían gañando , como todo. De todas maneiras , nestes tempos algún destes pensamentos machistas seguen a estar vixentes nas mentes dos máis zoquetes . Véase por exemplo das violacións que segúneses homes din que son culpa da muller que levaba a falda curta.
    Cando chegará o día no que estas cousas rematen? ....

    ResponderEliminar