Pois xa tedes a vosa disposición un conxunto de materiais dispersos sobre a Idade Media Galega. Aquí tedes textos, imaxes, ligazóns a un cento de videos e abondosa información e documentación para que vos sumerxades no devalar desta epoca fascinante e e ainda descoñecida do noso pais. Na idade Media mesturáronse todas as influenzas do pasado: megalitismo, castrexo, romano, priscilianismo, suevos e visigodos... Todo metido na batidora para que agromara prácticamente a Galicia feudal que ainda podemos revivir hoxe cando visitamos aldeas pouco habitadas, escoitamos a música popular galega, andamos polo camiño de Santiago, xantamos o pulpo á feira, escoitamos o falar dos vellos, sentimos o cheiro dun souto de castiñeiros ou carballos, visitamos unha pequena igrexa románica, paseamos polo claustro dun mosteiro, subimos polas escaleiras dun torreón fortificado ou simplemente ... falamos en galego. Todo isto e moito mais é a Idade Media, ainda que vivamos no 2012. Veña... darlle ao coco que iste tema remata o 15 de febreiro.
En definitiva, a maior parte da nosa cultura provén da Idade Media,tivo que ser moi importante anos atrás xa que se non fose así non seguiría ata os nosos tempos..
ResponderEliminarGrazas por subilo
ResponderEliminargrazas pola aportacion manolo.
ResponderEliminarDa I.M hai tanto do que falar que xa non sei por onde empezar!
ResponderEliminartemos moita informacion para facer entradas! non nos podems queixar!
ResponderEliminar