sábado, 21 de abril de 2012

A república dos soños

Para algúns O Couto Mixto foi a primeira democracia da historia de Europa. Falo dunha terra sen dono, unha república independete de España e Portugal que se remonta á Idade Media e que desaparece no ano 1868.

Rubías (un dos tres pobos que conforman o Couto Mixto)




O Couto Mixto estaba formado por tres pobos: Santiago, Rubías e Meaus. Todos eles estaban unidos por un camiño que recibía o nome de "Camiño privilexiado". Neste lugar non existían impostos, o cal merece unha especial atención; un lugar en Europa que xa dende a Idade Media e ata o ano 1868 se gobernase a sí mesmo merece un novo posicionamento na historia de Galicia e na historia de Europa. Mais a exención de pagar impostos non era o único que caracterizaba ao Couto Mixto. Había, asimesmo, liberdade de comercio, liberdade de cultivos, non obriga de ir os homes á guerra e dereito á libre nacionalidade; os habitantes do Couto Mixto podían decidir se ter nacionalidade española, portuguesa ou mesmo a súa propia, o cal representaban cunha cruz nos dinteis das súas casas. Aínda así, había quen dividía a súa casa en diferentes nacionalidades de tal maneira que tiña estancias con nacionalidade española, estancias portuguesas, habitacións con nacionalidade do lugar... O Couto Mixto tiña tamén dereito a asilo. Personaxes como o obispo de Ourense en 1809 acodían ó lugar para refuxiarse das represións que a guerra podería traer da man.
 Sen lugar a dúbidas un lugar histórico que caeu no olvido, pois apostaría que máis do 90% da poboación española, e galega, non ten coñecemento da chamada República dos Soños.



 Os privilexios dos tres pobos estaban recollidos na arca das tres chaves, a cal gardábase en Santiago. Para poder abrila facía falta introducir tres chaves, unha de Meaus, outra de Rubías e outra de Santiago. Entre eses privilexios estaba que o pobo decidía quen gobernaba así coma quen sería o xuíz. Dividían, tamén, os poderes entr eos pobos para que ningún tivese máis peso ca outro. Deste modo en Rubías concentrábase a actividade agrícola e gandeira, en Meaus a actividade comercial e en Santiago, capital política, custodíabase a arca das tres chaves.



A decadencia do Couto mixto chega no ano 1868, co Tratado de Lisboa, co cal establecíanse os límetes entre os países (España e Portugal), coa consecuente destrucción da indenpendencia e autogoberno do Couto Mixto. Desaparece deste modo un lugar histórico a pesares das iniciativas en 2007 por parte do Parlamento Galego e do Congreso Español, onde recoñecían a singularidade deste lugar. Mais o asunto caeu no olvido. Hoxe en día o Couto Mixto é unha das rexións máis deprimidas de Europa.

Poderíase dicir que case o único que queda deste feito, accesible a calquera, é a curta documental de Isabel Martínez na que nos conta a historia cun ton amargo que ven acentuado pola música, co cal pretende facer calar no espectador a amargura do olvido da República dos Soños. Recoméndoo; faise agradable ver material da terra con mirada propia. Tedes o enlace á película na lenda do cartel.

A República dos Soños

3 comentarios: