martes, 13 de marzo de 2012

Batalla de Doniños (ou de Brión)

A batalla que enfrentou tropas inglesas e españolas tivo lugar o 25 de agosto do ano 1800. Os máis de 100 barcos ingleses (21 buques de guerra e 86 barcos de transporte de soldados) liderados polo vicealmirante John Warren que chegaron á costa levaban unha dobre intención; causarlle un golpe moral ó expansionismo napoleónico e un golpe físico ás naves españolas, a maioría das cales se atopaban na ría de Ferrol. O continxente estaba formado por máis de 15000 homes que nunha primeira tentativa probaron sorte pola entrada da ría, pero o posicionamento estratéxico da mesma e a disposición militar en torno a ela deron por estragar a idea dos ingleses, que remataron por levar as súas tropas a desembarcar á praia de Doniños, principalmente, e á praia de San Xurxo. E foi tras unha curta, ou non tanto, batalla máis ben estratéxica, cando as tropas españolas derrotaron ás inglesas librándose batallas campais en A Cabana, Balón e Brión.
Deixo unhas fotografías, que tomei para a ocasión, da praia de Doniños. Estaría ben botarlle un pouco de imaxinación e imaxinar 100 barcos de vela na costa ferrolá.



3 comentarios:

  1. Iago son super bonitas as fotos da praia de Doniños poucas veces esta asi o mar para sacar esas fotos.

    ResponderEliminar
  2. Que ben se pode apreciar a furia do mar

    ResponderEliminar
  3. Deus Iago, sacaches ti esas fotos? Espetaculares quedaronche :)

    ResponderEliminar