martes, 17 de abril de 2012

PROBLEMÁTICA SOCIAL DOS MARIÑEIROS NO S.XIX.

Non é fácil falar desta clase social, desasistida, dunha atención investigadora que permita trazar as liñas fundamentais da súa situación e comportamentos.
As casas dos mariñeiros sempre dispuñan, ou soían dispor, dunha hortiña; traballána as mulleres, e fornecían as patacas e as coles complementarias da alimentación. Xunto cos remos, en cada casa había un legón. E difícil imaxinarse un mariñeiro puro até a pesca se converteu nunha profesión permanente.
casas dos mariñeiros
1.- A conflitividade social
Os mariñeiros galegos matriculados no mar monopolizan a pesca desde 1748. As continuas e longas guerras volveron inútil este monopolio. Chegaron os catalás con novas redes barredeiras e estalóu o conflito. As loitas inzaron. Recurríuse ás autoridades, que empezaron a mover a gravosa burocracia por medio de informes e contrainformes que prolongaron a situación. Recurríuse á forza e á violencia. As redes catalás foron desfeitas en varias localidades; os catalás foron escarnecidos, e no ano 1812 a masa galega, enfurecida, queimóu e arrasóu seis fábricas entre Muros e Portosín.
A insatisfación dos mariñeiros foi canalizada e forzada por unhas minorías que se opuñían tenazmente á penetración do sistema capitalista en Galicia: o clero e a fidalguía. E un síntoma notable que, ao mesmo tempo que os mariñeiros estragan as redes das xábegas catalás, os campesiños de Cervo, Sargadelos e outros pobos, destrúen a fábrica de Ibáñez.
Por outra parte os mariñeiros de Muros, según a Carta Apologética, atacaron as fábricas entre as balas dos sesenta fusiles y do intento dos catalás, queimando todo o que atopaban ao paso. Clero e fidalguía preparánse xuntos para imposibilitar a transformación da sociedade que dominaban.

2.- As fames periódicas
As fames eran singularmente frecuentes na costa. O labrego tiña terra, hortas, patacas, millo, ou en calquer caso podía pedir empréstitos sobre a mesma terra que cultivaba. Cando o mal tempo duraba varios meses e o peixe salgado da lagareta se esgotaba, cando xa o porco estaba máis comido, a fame difundíase pola costa. E da fame pronto se pasaba ao cólera.
3.- A proletarización do mariñeiro
A loita contra os catalás era totalmente desigual. Pouco a pouco os mariñeiros, cada vez máis desasistidos do apoio do clero e da fidalguía, reducidos a defenderen os postreiros bastiós, fóronse entregando aos catalás. Traballaban para eles comprometéndose a facer a costeira coas redes catalás, nos botes catalás e dándolles toda a pesca. O precio fixado era moi baixo. Así, aqueles mariñeiros galegos, libres como o seu mar, convertéronse en traballadores da fábrica que os ocupaba e lles vendía nos comercios da mesma fábrica os productos precisos, non excluida a augardente, que entraba en Galicia sen control ningún.

Mais tamén os catalás coñeceron a súa crise. A alza extraordinaria dos custos do sal, e a política económica proteccionista dos gobernos moderados, abocaron as fábricas a unha crise total. Foi entón cando no decenio 1850-60 a fame se fixo devastadora. Os mariñeiros ficaron sen redes, sen barcos e sen fábricas. Desta crise saíron os catalás no Sesenio. Os mariñeiros non ergueron cabeza ata a chegada de remesas de diñeiro de América, que lles permitiu compraren novos barcos e redes e comerciar coas vilas e cidades principias, xa con independencia das fábricas.

2 comentarios: