lunes, 16 de abril de 2012

Reconvencions de un labrador a Bonaparte

Investigando un pouco sobre a invasion francesa en Galicia, atopei unha carta moi curiosa. Esta carta foi recopilada e existe nun arquivo privado e corresponde a unha paxina do Semanario Politico, historico e literario de La Coruña (1809-1810), dirixido por Pardo de Andrade.

Unha das causas da ampla difusión que adquiriron os escritos liberais en Galicia foi a través da prensa e as publicacións en forma de folletos e libros; polo xeral estan escritos nun estilo popular e asequible a un lector medio.

Os periódicos liberais galegos aparecen únicamente en duas cidades: A Coruña e Santiago. Ademáis do mencionado recordamos Telégrafo político-literario de La Coruña (1808), Diario de La Coruña (1808-1815) ou O Robespierre Español. Amigo das Leis (1811-1812)...


Reconvencións dun labrador a Bonaparte

Señor emperador dos franceses: eu son un labrador, que en 68 anos que conto de idade, non me embrazarei en asuntos politicos, ainda que as novidades de Francia costaronme e fixeronme derramar moitas lagrimas. Traballei nunha facenda que foi do conde N. sacrificado aristocrata pola ingratitud e obcecacion dos seus mesmos colonos o ano primeiro da nosa desastrosa revolucion. Eu, grazas a Deus, non tiven parte no seu asasinato, e e derramado coa miña muller e co meu pai, que ainda vivia, moitas lagrimas pola sua desgraza. Os meus avos e pais traballaron na mesma facenda, que comprou ou apropiouse dela un dos revoltosos de Burdeos. Cando Francia estaba en paz, e coidabamos do seu cultivo, chegou a producir 200 sacos de trigo e 48 pipas de viño, partibles entre o meu señor e a miña familia. E se por desgraza ocorreu algun ano malo, tivo a bondade do conde a consideracion de cedernos da parte que lle tocaba porcion de gran suficiente para a nosa subsistencia. Eu xa estaba casado, e tiña 6 fillos varones, que alguns xa axudabanme nos traballos, cando comezou a revolucion e o trastorno de Francia. Na primeira conscripcion levaronme os dous de maior idade, dos que, o mais vello perdeu a perna dereita na guerra da Vendee, e o outro finou partido por unha bala de cañon en Trullas. Dende que me quitaron os meus dous axudantes, e comezaron a escasear polas conscripciones e saca de xente os brazos, comenzou tamen a menguar co atraso no cultivo a produccion do terreo, de sorte que houbo ano, que non produxo 30 sacas de gran e 10 pipas de viño; pero o novo comprador non tivo a consideracion de cederme un puño del.

4 comentarios: