lunes, 23 de abril de 2012

O Pronunciamento de 1868

O PRONUNCIAMENTO DE FERROL:

O 18 de setembro de 1868 pronunciase en ferrol a escuadra de Cadiz poñendo fin a un rexime deteriorado dende hacia anos, acosado por todas partes, especialmente por aquelas clases sociais que tradicionalmente habian apoiado incondicionalmente ao trono.

Polo que respecta a Galicia hay noticias que indican que nesta ocasion foi Ferrol a primeira cidade galega que sumouse ao alzamento, o que se verificaria entre o 20 e o 22 de setembro. Durante os primeiros momentos coreabanse os nomes de Prim, Viva a liberdade e Viva a soberania nacional.






O PRONUNCIAMENTO DA CORUÑA:

A Coruña alzouse o 29 de setembro, constituindose a Xunta do Goberno presidida por D. Juan Manuel Pereira, que xustamente nese momento estaba detido no castelo de San Anton, de forma que pasou da carcere ao sillon da presidencia.

Na Coruña, segun testigos presenciais, houbo tranquilidade dentro do natural bullicio. Paseouse o retrato de Prim polas calles mentres que o retrato da raiña Isabel II, que estaba presidindo o salon de actos do ayuntamento, foi tirado polo balcon, encargandose disto o comerciante Montero Telinge.

O capitan xeral e as autoridades militares superiores embarcaronse ese mesmo dia no barco de guerra San Quintin, enviado ao efecto dende o Ferrol.

Cando chega a Galicia o novo capitan xeral publica unha brillante proclama dirixida aos soldados e outra aos habitantes de Galicia. Aos seus soldados dilles: "Fillos sodes do pobo, de el habeis saido para cumplir un deber sagrado, defender a Patria coas armas na man". O orixinal da proclama, redactado do seu puño e letra polo capitan xeral, recolle nas suas tachaduras a cruel ambivalencia na que se movian estes homes acostumados a obedecer e a someterse a unha raiña a que agora teñen que vilipendiar para servir ao pobo soberano. O original di ao final: "A Patria se ha dado a outro soberano; a unha raiña juzgada indigna ha sustituido a Soberania Nacional". A dureza desta expresion, foi mitigada poñendo: "A Patria se ha dado outro soberano, a unha raiña ha sustituido a Soberania Nacional".





GALICIA ENTEIRA PRONUNCIASE:

Dende Ferrol e A Coruña proyectase o entusiasmo revolucionario polas zonas limitrofes. Pontedeume, Ribadeo e Viveiro son as vilas que de inmediato pronuncianse.

O dia 30 de setembro o fan a maior parte das cidades galegas. En Vigo desenrolase todo o festival do pronunciamento de acordo co ritual xa establecido.

Uns cañonazos disparados dende o castelo do Castro anunciaban a poboacion, e especialmente aos conxurados, que a guarnicion se habia pronunciado:

"Unha turba de paisanos se reunio na plaza da Constitucion, e dando vivas a liberdade, a   soberania nacional e mueras a raiña, se precipito na casa consistoral, de cuyo salon de sesions arrebataron o retrato ao oleo da soberana, e tirandoo dende o balcon principal o fixeron trizas, poñendo logo fogo aos restos, recorrendo os grupos as calles vitoreando a liberdade".


Ese mesmo dia, pronuncianse as cidades de Santiago, Pontevedra, Tui e Ourense.

En Pontevedra os artifices do levantamento son o tenente Francisco Seoane e o sarxento de carabiñeiros Gabriel Lamas. Dende o mediodia partidas de paisanos paseabanse polas calles con signos de axitacion e expresando o seu comportamento que esperabase dun momento a otro o pronunciamento militar. Este verificase o mesmo dia as 4 da tarde. O medico Francisco Anciles, que estaba na conxura sera o encargado de leer unha proclama. A banda de musica, elemento imprescindible para unha conmemoracion deste xenero, paseou polas calles tocando o Hinmo de Riego. O comandante da guarnicion da a orde a tropa de que disuelva a manifestacion popular, pero a tropa non obedece a orde. Ao fronte do pronunciamento militar situarase o oficial de maior graduacion dos pronunciados, Luis Sanz. A chegada da fragata A Esperanza, procedente de Marin, resolve as ultimas dudas e o pronunciamento triunfa.

O 1 de outubro practicamente toda Galicia habiase pronunciado contra o rexime.

1 comentario: