domingo, 22 de abril de 2012

Buscando un rei demócratico para España.

Celebrase por fin o 16 de novembro de 1870 a elección dun novo rei para o país. Estaban presentes 311 deputados. Para que puidera ser elixido Amadeo de Saboia ( Duque de Aosta) precisabanse 173 votos, o resultado foi o seguinte:

A favor do duque de Aosta: 191 votos
A favor da república: 63 votos
A favor do duque de Montpensier: 27 votos
A favor de Afonso de Borbón: 8 votos
A favor da duquesa de Montpensier: 1 voto
En branco: 19 votos
Os deputados galegos votaron así:
 Duque de Aosta: 20 votos ( Montero Rios, Dieguez Amoedo, Cancio Villamil, Soto Rodríguez...)
República: 1 voto ( Eduardo Chao)
Duque de Montpensier: 7 votos ( Vazquez Curiel, Daniel Carballo, Calderón y Herce...)
Xeneral Espartero: 1 voto (Blas Garcia de Quesada)
Duquesa de Montpensier: 1 voto ( Francisco Antonio de Riestra)
En branco: 6 votos ( Ardanaz, Manuel Quiroga Vazquez...)
Esta votación non representa os ideais dos deputados por Galicia xa que bastantes deles renunciaron ou tiveron que renunciar ao seu pensamento buscando unha estabilidade para o país. 
Cabe destacar a ausencia de 5 diputados galegos a sesión:
Pardo Bazan: estivo nas augas de Vichy, hai unha serie de factores que fan pensar que foi en busca do titulo nobiliario que máis tarde se lle concedería, Conde de Pardo Bazán.
Outros ausentes foron Barreiro Ferro que morrera en xuño de 1870 e aínda non tiña sucesor. e Armada, Rubín de Celis e Yañez Rivadeneira, que non coñecemos as suas circunstancias.
Aqui deixo un video feito por uns estudantes de universidade no que nos falan  un pouco do reinado de Amadeo de Saboia, primeiro rei elexido democraticamente en España.

3 comentarios:

  1. era raro que non fixeras algo de politica jaja

    ResponderEliminar
  2. iván que non decaia a pesares de demagoxia e a hipocresía moral! jajaja

    ResponderEliminar