Hoxe vou a falar dunha batalla que tivo lugar en Lugo no ano 1846 o día 23 de abril, xustamente a fecha de hoxe..
O 2 de abril deste ano o 2º Batallón do Rexemento de Zamora mandado polo comandante Solís, con sé en A Coruña, se levantou na cidade de Lugo contra o goberno ditatorial instaurado por Narváez. Esta rebelión recibiu o apoio do pobo lucense, como tamén nun futuro o teríao en Santiago, Pontevedra, Vigo, Tui...
O éxito da sublevación debeuse ao apoio que lle prestou o movemeento provincialista, creado por un grupo de profesores e estudantes universitarios que eran conscientes da marxinación na que vivía Galicia, dedicaron todos os seus esforzos a propoñer medidas políticas e económias que lle axudasen a superar o seu atraso.
A comunión de intereses entre os militantes liberais e os intelectuais galeguistas deu como resultado a creación, o 15 de abril, da Xunta Superior do Goberno de Galicia. Os seus principais cargos directivos eran dous provincialistas significados, Pío Rodríguez Terazo, presidente, e Antolín Faraldo, secretario. Para defender os intereses do goberno de Galicia, a Xunta nomeou a dous mariscais de campo, Solís, comandante, e Rubín de Celis, brigadero. Cada un deles tiña o mando dunha división do exército.
Rubín de Celis.
Estes acontecmentos en Galicia provocaron a caída de Narváez. Unha das medidas do novo goberno foi elixir ao mariscal de campo Juan de la Concha para dirixir un exército que sofocara o levantamento galego.
O encontro entre as tropas de De la Concha e de Solís tivo como escenario imprevisto a parroquia de Cacheiras.
As tropas de Solís chegaron ao punto da batalla o día 23 e De la Concha, que viña de Ourense, entrou na noite do 22 no concello de Teo e pasou a noite na casa rectoral de Bamonde. Ás cinco da mañá do día siguiente, saiu cara Pontevea, pero ao observar os movementos dos insurrectos sobre Montouto volveu atrás para enfrontarse a eles.
Solís tivo que retirarse cara a cidade de Santiago. A última praza en caer foi Lugo, o día 27 de ese mesmo mes. O día 26 de abril en Carral, concretamenteno atrio da igrexa de San Esteban de Paleo, foron fusilados Solís e 11 dos seus oficiais.
Naceron así os Mártres de Carral que se considera o espertar do galeguismo e a reafirmación dunha identidade diferenciada do resto da península. A partires de aquí, comezou a manifestarse un pensamiento e un sentimento galeguista, do cal os máximos representantes non tardaron moito en tomar relevancia.
Como símbolo desta batalla de Cacheiras, aparecen no escudo de Teo dous sables cruzados sobre a ponte.
moi interesante tivi!
ResponderEliminarVaia coicidencia que concida con hoxe!
ResponderEliminarvalga a redundancia pero eche moi coincidente jajaja
ResponderEliminarNon o dixen antes pero o nome é moi gracioso:)
ResponderEliminar