lunes, 23 de abril de 2012

Visión acerca da emigración.

Calculase que en todo o seculo XIX emigraron de Galicia unhas 900.000 persoas e o destino da maior parte destes emigrantes foi America. Hay que ter presente que o pobo emigra sempre porque hay fame de pan ou de liberdade, ou polas dos fames xuntas.

Ningun pais español sufriu tan intensamente como Galicia o que significou a perdida de Cuba. Ademais dos reveses economicos para moitas miles de familias, do innumerable numero de mortos e desaparecidos, Galicia tivo tamen que asistir aos actos mais tristes de aquel desastre. De Galicia saliu a escuadra ao mando de Cervera que levaba o cometido de auxiliar a illa de Cuba. E aos poucos meses Galicia tivo que recolles os despoxos daquela derrota. Entre 1897 e 1898 chegaron ao porto da Coruña 52 barcos co seu cargamento de dor e morte. En sus bodegas viñan 28.261 soldados e civis. Como escribiu o presidente da Cruz Roja en Galicia: "O espectaculo que ofrecian as bodegas, atestadas de feridos e enfermos, era tristisimo e desconsolador".



A un galego, Montero Rios, tocoulle a pouca grata responsabilidade de firmar os tratados de Paris polos que España perdia definitivamente Cuba, Puerto Rico, Filipinas e outras posesions. Evidentemente America empezaba a ser para os norteamericanos.

Pronto os Galegos refixeronse. A intelixencia mostrada polas autoridades cubanas fixo o milagro dunha transicion sen traumas excesivos. Na Habana estaban Curros, Alvarez Insua e outros intelectuales de primeira liña. E posible que esto explique o xesto importantisimo de que o Centro Galego invitara ao primer Presidente Cubano a unha recepcion o dia da toma de posesion do mesmo. Xesto que foi aceptado e o presidente de Cuba, Tomas Estrada Palma, as poucas horas de tomar posesion, comparecia cos seus ministros no Centro Galego. Demostrabase a madurez dun pais que tiña o dereito a ser independiente e da colectividade que sen deixar de ser galega era xa definitivamente cubana.

Todos estes simbolos e xestos poden explicar que moi pronto se normalizara a situacion e que pronto os galegos volveran a Cuba, afortunadamente xa non como soldados, senon como traballadores de aquel pais ao que axudaron a crear. Lastima que o igualitarismo haya eliminado unha institucion tan noble.



Como reflexion podemos engadir que no contexto economico actual as cousas tornaron moito. Antes emigrabase en busca dunha situacion mellor a paises fortes economicamente que podian ofrecer traballo. As xentes chegaban a seren cubanos, uruguayos, arxentinos, etc e integrabanse completamente na sociedade na que vivian. Hoxe os mais de 90 rexistros civis galegos reciben miles de peticions de descendentes que buscan atopar documentos que acrediten ser pertencentes a unha familia galega de seguro para poder obter os beneficios propios da nacionalidad española e mas a vecindade galega. Ainda que España non se atopa na mellor situacion economica que seria desexable.

No hay comentarios:

Publicar un comentario