O 1826 é un ano clave para o termalismo español e, especialmente, o galego. Neste ano un colectivo médico distinguía oficialmente aqueles balnearios que tiñan unhas condicións sanitarias adecuadas. Sitúanse así un total de 30 balenarios avalados sanitariamente pola lei. Cinco deles eran galegos: Caldas de Cuntis, Caldelas de Tui, Cortegada e os dous de Caldas de Reis. O catedrático de Historia e Institucións Económicas da Universiade da Coruña, Luis Alonso Álvarez, recolle esta información no seu libro O lecer das augas. Historia dos balnearios de Galicia, 1700-1936. Luis Alonso contou coa colaboración de varios informadores e nas súas páxinas di que é case imposible dicir cal foi o primeiro balneario de Galicia. Di que moitos dos balnearios incorporados a oficialidade no 1826 existían xa dende a Idade Media, mais por estas datas nacen outros novos: Carballo, Arteixo e Verin.
Luis Alonso Álvarez fala de dúas claves para comprender estes anos do sector termal: «Un gusto
europeo polo termalismo que se extende por España da man dos Borbóns e a pervivencia en Galicia da tradición popular de tomar as aguas, que se
remonta a tempos dos romanos».
O sector termal galego entra en auxe na segunda metade do século XIX. Póñense de moda as termas coa belle époque e xorden instalacións de alto standing como a famosa A Toxa e Mondariz. Asimesmo o enfoque médico céntrase na cura de numerosas enfermedades e as diferentes termas especialízanse en alguha doenza particular. Carballo, por exemplo, atendía os feridos de guerra e, segundo parece, era bastante boa neste campo.
 |
Terraza de Mondariz, a finais do século XIX |
O negocio sempre disfrutou de axudas económicas de feito que os militares que viñan da guerra disfrutaban dun desconto e <<os pobres de solemnidade>> non pagaban polo uso ou só tiñan que pagar unha mínima cantidade.
a que non lle apetece agora estar nun balneario.. moi bo Iago :)
ResponderEliminar