lunes, 23 de abril de 2012

O ferrocarril


Todavia manteño o recordo dese día que chegou o ferrocarril a Galicia, eu estaba na segunda parada esperando co meu pai, e non entendía nin o que era un ferrocarril xa que nunca vira ningún, non entendía a que viña que houbese tanta expectación,pero entendinno moi pronto.
Despois de estar tres horas esperando a que viñera, comecei a escoitar un ruído, ao principio asusteime, o meu pai miroume cun sonriso para que non me preocupase, nese momento comecei a ver unha estructura que se movia moi longa e grande, corría como nada que vise eu antes, viña de fentre cara nós. Era de cor negra e botaba unha serie de humo polo que parecía ser unha cheminea, o meu pai explicoume que se movía gracias ó vapor. Non me quero imaxinar  amiña cara, debía ter os ollos como se fosen platos e a boca ben aberta ante esa expléndida máquina.

Unha vez en frente nosa, quedeime queto, sen saber como actuar, o meu pai díxome que podíamos entrar, xa que íbamos a ver a miña familia de castela. Unha vez dentro todo era  enorme e cunha maxestuosidade digna dos reis. Os compartimentos estaban separados cuns grandes sillóns de tela vermella e cun doce aroma a algodón de azúcar, xa que ó ser o primeiro día que pasaba por Galicia facían unha comida diferente ao normal. A min gustábame ese sitio, podería quedarme toda a vida. No noso compartimento viña unha muller, unha muller moi estrana que eu dende o primeiro momento non a traguei. Durante toda a viaxe estaba lendo un libro, non recordó ben como se chamaba, só sei que me preguntou se sabía ler, e eu díxenlle que só algunas palabras, pero non moitas, sen pensárseo dúas veces e sen preguntarme sentouse no meu lado e comezou a ensinarme, eu non sabía que facer, pilloume por sorpresa. Co paso das horas aprendín algo máis dela,e que non podía xulgala por parecer unha meiga, que no fondo era das boas, eso me pasaba por ter oito anos e escoitar moitas historias no campo. De súpeto o tren parouse en seco en medio dun moite, non era ninguna parada, algo estaba a pasar alí fora..!

2 comentarios: