PACTO ENTRE A ALTA BURGUESIA E OS RENDISTAS:
A RESTAURACIÓN. (1875-1931)
En Galicia a Restauración foi un gran pacto
entre a alta burguesía e a oligarquía rendista. Créanse familias de
representación política nas Cortes, nombres como Montero Ríos, Riestra,,
manteñen a os seus amos na cúpula do poder.
A Restauración é a paz, a tranquilidade, mais tamén a vergoña
nacional. O sistema funciona grazas a o caciquismo, que tén nas eleccións a
súa xustificación e nos concellos a súa forza.
A IMPOSIBILIDADE DUNHA REFORMA AGRARIA.
O pacto funciona , mais sobre todo no
sector primario, onde residen os intereses máis fortes. Mentras certo sector da
burguesía presenta proxectos de reforma do sistema foral, a gran masa
parlamentaria galega, bloquea sistemáticamente toda reforma.
Esta representación parlamentaria, dirixida por Montero Ríos
,Marques de Ríestra etc, movilizaránse sempre que os intereses dos seus
privilexiados sexan postos en cuestión. Os xornais ínforman da súa mediación
ante os poderes públicos cada vez que os intereses do gran comercio
transatlántico, estean ameazados por calquera medida política.
A DEFENSA DO SISTEMA: O CACIQUISMO
A lei electoral do 28 de decembro de
1878 volvéu a imponer no Estado Español
o sufraxio censitario, na provincia da Coruña soamente podían votar
28.000 persoas a partir de 1878.
O sistema funcionaba conforme ao turnismo imposto en Madrid
por Cánovas e Sagasta.nas elecciós de 1879 de 14 diputados, os conservadores obteñen10. Nas elecciós de 1881,
os liberás obteñen 10 de 14. A simetría é total.
Estes datos indican unha realidade : o caciquismo. O campesiñado galego vive nun mundo que tanto polas condicións socio-económico,como pola superestructura creada obriga a una dependencia en forma de clientela. É todo o sistema caciquil. A relación patrón-cliente se basa no intercambio de bes e servicios,,ao desenvolverse entre persoas de desigual poder económico e influencia, a capacidade de negociación non é igualitaria. O que o cliente reclama do cacique son beneficios concretos e divisibles (una licencia de obra, un permiso militar para un fillo, o retraso dun pago etc. ). Por outro lado o que o patrón reclama son respostas globalizadas e que sirvan para unha ideoloxia. O cliente pide para él, e o patrón pide pa unha “ Causa”.

O sistema electoral
funciona grazas ao sistema municipal. O axuntamiento ou concello é a peza
clave. No concello son os alcaldes e os
secretarios os encargados de implantar o sistema.
As atribucións que aos alcaldes se conceden son explicables
nun contexto en que o poder central tén completa confianza e seguridade nos
municípios.
Cando se acercan as elecciós, o concello convértese na
central do partido no poder. Unha densa rede de espionaxe, de presións e de
persecucións , precede o día das urnas. Todo un muséo de horror electoral.
A viñeta dende logo e orixinal!
ResponderEliminarO video está moi ben tamén!
ResponderEliminara mi coa viñeta vaime mal!!
ResponderEliminar