jueves, 19 de abril de 2012

O rexurdir da cidade de Compostela

A cidade de Compostela rexurde a partires da metade do século XIX. Foi ó quedar sen a capitalidade da provincia e do Reino, a finais do século XVIII, cando quebrou a cidade peregriña de Santiago. Mais, como dicía, a partires da metade do século XIX, Santiago de Compostela rexurde gracias á burguesia e a familias comerciantes que recalaron fóra de Galicia tales como os Harguindey, de orixe vasco francesa e que montaron os curtidos na cidade. Cabe nomear tamén a labor de propulsión por parte doutras familias tales como os Eleicegui, os Larriba, os Iribarnegaray, ou os Pérez Sáez ou De los Ríos. E serán estas familias as que estén detrás da creación da primeira liña de ferrocarril que houbo en Galicia, a de Cornes a Carril.


Fotografía do primeiro tren na liña Cornes-Carril

O entrar en declive os sectores da la e coiros de Logroño e Soria, a causa de guerras e contendas, estas familias véronse na situación de ter que buscar negocio noutras zonas. É así como chegan a Galicia e, con moito máis auxe, a Santiago de Compostela. Mais concretamente grazas a ter coñecemento da existencia dunha importante gandeiría bovina e unha gran poboación de carballos, a cal era necesaria para extraer o tanino para os pelamios nos que curtían os coiros. Convértense deste modo os coiros de Santiago nun dos fundamentais motores económicos da cidade.

Santiago a finais do século XIX

O negocio dos coiros galegos, que se vendían por toda España, comezou a perder pulo cando se empezaron a importar de Arxentina e a fabricarse en Cataluña xa hacia a década de 1870. Mais é hacia finais do século XIX e comezos tamén do XX, época na que se ensanchan as cidades, cando en Compostela se comezan a construír grandes edificios xa non da Igrexa, senón civís. Destaca neste senso o papel, como non, de Montero Ríos, e o achado dos restos do Apóstolo coa consecuente recuperación das peregrinacións.

3 comentarios:

  1. esta moi ben, o que mais me gustou e me parece mais interesante é o do ferrocarril pero sobre todo a imaxe do ferrocarril.

    ResponderEliminar
  2. o ferrocarril dende logo e precioso

    ResponderEliminar