lunes, 23 de abril de 2012

O Día Das Letras Galegas


Sabías cómo apareceu o chamado Día Das Letras Galegas?
É unha celebración instituída pola Real Academia Galega en 1963 coa finalidade de homenaxear ás persoas que destacasen pola súa creación literaria en galego ou pola defensa da devandita lingua.
Esíxese polo menos dez anos dende o falecemento da persoa (o que me parece unha soberana tontería, xa de adicalo pois que o afortunado/a fora quen de disfrutalo).
A data, o17 de Maio, débese a que tal día como ese en 1863 publicouse en Vigo o primeiro exemplar de "Cantares Gallegos".
Este ano dedicarase a Valentín Paz Andrade, xurista, político galeguista a escritor en ambas linguas.
Déixovos aquí un poema do mesmo, titulado "Veño da morte":



Galegos, meus irmaos,

veño de ter co-a morte.
Sin o agardar unha vez mais atopo
o ventureiro empalme con a vida.
Estóu na singladura do retorno,
con ollos recuncantes na alborada,
tímpano a se tremer en libres odas,
pernas reencanadas para andar
os camiños resucitados.
Veño da morte, irmaos, e no fardel,
pouco trouxen pra vos:
cicatrices de ferro nas palavras.



4 comentarios:

  1. Xa queda menos para o día das letras galegas o que quere dicir que en nada rematamos as clases:))

    ResponderEliminar
  2. xa falta pouco para o dia das letras galegas o peor é que ao dia seguinte é o exame final de filosofia jajaj

    ResponderEliminar