martes, 24 de abril de 2012

Lembrando a Rosalía, escritora, e á figura do pensador libre

Rosalía de Castro... En fin, o nome fala por sí só. Todos sabemos que xunto con Curros e Pondal é unha das figuras clave do Rexurdimento galego e da historia da literatura galega, así que non penso falar da súa obra, nin engrandecela con epítetos baileiros... Se imos empregar unha palabra mellor facelo por algo e non só por que quede ben ou poida parecer que queda ben, non sei se me explico...
Esta muller que todos cremos coñecer era, en realidade, unha escritora. Sí, unha escritora! Pero sabemos de verdade qué comporta iso? O mortal común do século XXI soe decantarse por dúas opcións. A primeira é que ser escritor ou escritora é cousa de xente que se aburre moito, que non ten outra cousa que facer que porse a contar historias para, se é posible, sacar tallada. A segunda postura coloca á figura do escritor nun nivel superior ó puramente humano; o idealiza e soña cun alter ego bohemio, alonxado da realidade, sensible como os deidificados autores dos centenares de libros que ocupan as estanterías da súa biblioteca. Mais, volvendo a Rosalía, quén era esta autora? Qué lle pasaba? Aburríase moito ou era superior a nós? Agarda un intre...  E se fora alguén igual ca nós? Alguén sen total liberdade de expresión pero con liberdade de pensamento... Entón debo correxirme. Quixen dicir alguén potencialmente igual ca nós, pois a esclavitude mental dorme profundamente na alcoba da maioría das mentes do home contemporáneo.




A maioría das persoas que intenten reflexionar sobre o que aquí escribín concluirían axiña os seus pensamentos deste xeito: "Pero Rosalía tiña un don, nada de liberdade de pensamento, a diferencia é que hai xente que ten talento para unhas cousas e outra para outras. Rosalía escribía, e punto". Surxiu unha dúbida na súa cabeza, un susurro na súa mente que case desperta o ser que durme alí e, este, protestou taxante para que o deixasen durmir. E este é o mecanismo que rixe a maioría das mentes; ante o temor de facelas espertar chegan á conclusión máis lóxica posible e se aferran a ela para dar por zanxado o asunto e que o lirón poida continuar no seu coma. Non sei se me explico... Vou poñer un exemplo: Supoñamos que lle preguntamos a un destes home soporíferos por qué se sente tan atraído polos peitos femeninos. Pois, non sei...-diría-, en fin, é unha muller, é loxico que me gusten os seus peitos. Pero por qué? É unha muller ho, por qué vai ser-diría xa nun ton molesto. Se lle explicase que os peitos son símbolo da maternidade e que, como seres humanos que somos, a nosa natureza fai que nos sintamos atraídos por iso, él pensaría primeiro: pero eu non quero ter fillos... O cal o remitiría a plantexarse a cuestión que lle propuxen. E neste intre é cando sóa unha melodía lonxana na habitación da súa mente que apenas molesta ó demo que durme nela. Que pasaría, logo, si lle poñemos a un tipo tocando o bombo á porta da habitación continuamente? Pois, a verdade, como este demo é tan astuto, colocaríase os mellores tapóns do mercado nos oídos e problema resolto. Creo que me vou explicando...
En resumo; ninguén excepto un mesmo pode rematar con este demo que non habita na maioría dos personaxes de sona como Rosalía, aínda que moitos si o teñen e fan coma que non é así. E o que pretendo falando disto partindo de Rosalía é dar unha visión diferente da súa figura máis aló do tedioso informe que aparece nos libros de texto. Pois a información de verdade, Rosalía en sí, non reside na súa biografía nin na súa bibliografía, reside nas súas palabras, nos seus libros e quen queira coñecela ten que lelos. Pois quen crea saber quen é un escritor tan só por coñecer o seu nome é un hipócrita. E eses textos vacíos que nos remiten a ela actúan coma somníferos dos que se alimenta a nosa mente e, se non deixamos que a nosa curiosidade revolotee pola nosa cabeza, viviremos sempre no sopor e quedarémonos ás portas de nós mesmos.
Conclúo cunha cita de Bob Marley: "emancipate yourselves from mental slavery, none but ourselves can free our minds": Emancipádevos da esclavitude mental, pois só nós mesmos podemos liberar as nosas mentes.
Sí, Bob Marley non só fumaba porros, tamén pensaba! E creo que xa quedou claro a qué me refiro con pensar.

1 comentario: