martes, 17 de abril de 2012

Curioso dato de parentesco

Fai apenas tres meses, o resultado dunhas probas de ADN relacionaban a un rapaz galego falecido no último terzo do século XIX cunha muller británica falecida nun accidente de tráfico en Alicante no ano 2007. Atopáronse dez parámetros no ADN que vinculaban os restos do rapaz galego coa muller inglesa. Mais hai que ter en conta que a relación entre dúas personas sen parentesco pode chegar a ser ata de catorce parámetros. Non obstante, as probas fixeron dubidar a moitos e plantexarse unha posible relacion entre o rapaz duns 10 ou 14 anos morto no Courel no último terzo do século XIX e a británica falecida nun accidente na estrada.




O esqueleto do rapaz fora descuberto na cova de Arcoia, na Serra do Courel. A pesares das coincidencias, a lóxica parecía negarse a aceptar a relación xenética entre ámbolos suxeitos. O antropólogo forense Fernando Serrulla, do Instituto de Medicina legal de Galicia deu unha conferencia aos alumnos do instituto Xelmírez II de Santiago. Apuntou que estas coincidencias son moito máis frecuentes do que se pode pensar e concluíu que non existe relación real entre os dous restos.

Se queredes saber un pouco máis acerca do ADN podedes ver este vídeo que explica o seu descubrimento:



A noticia do "parentesco" entre o Courel do XIX  e a Inglaterra do XXI é de xaneiro deste mesmo ano.

4 comentarios:

  1. moi interesante o do ADN a verdade que nunca pero parei a pensar niso, e agora ao ver a tua entrada estoulle dando voltas a cabeza jaja

    ResponderEliminar
  2. ó final nada vai ser 100% fiable neste mundo! xD

    ResponderEliminar
  3. Eu xa lin isto nalgún lado que non recordo quedeime moi asombrada!!

    ResponderEliminar