lunes, 23 de abril de 2012

C.E.FERREIRO


Seguindo o meu gusto particular, penso que non é de recibo falar do século XX en Galiza e non nomear a Celso Emilio Ferreiro.
Nacido en Celanova no lonxano 1912, tivo un papel esencial na reivindicación da esencia galega.
Na súa xuventude militou nas chamadas Mocidades Galeguistas de Celanova,  fundou a Unión do Pobo Galego xunto con outros intelectuais galegos do seu tempo. No ano 1977 foi candidato ó Senado polo Partido Socialista Galego.
É importante incurrir na súa relación coa música.
Grazas a el publicouse en Caracas o primeiro LP en galego, no que el mesmo participaba. 
"Un pobo non pode quedarse sen cancións, e coma se de sópeto, se quedara sen alma".

Velaquí vos queda unha interpretación musical da súa obra.





E por suposto, un fragmento do que definiría sen dúbida os anos da ditadura franquista; que sumiron a España nunha "Longa Noite de Pedra"....


3 comentarios: