lunes, 23 de abril de 2012

As Irmandades da Fala


As Irmandades da Fala recolleron e actualizaron as aspiracións galeguistas nacidas no século XIX co Provincialismo e o Rexionalismo. A súa concepción política distínguese da dos dous movementos anteriores pola ampliación do seu espectro social e pola formulación de alternativas políticas concretas.
A primeira Irmandade foi fundada en Coruña en 1916. Un grupo de intelectuais galeguistas elixiron a Antón Vilar Ponte como conselleiro primeiro. Un dos principais alentadores do galeguismo de preguerra e un xornalista destacado ó que se lle adicou o día das Letras Galegas en 1977.
A ista Irmandade seguírona outras nas principais cidades e vilas galegas, coma Santiago, Monforte, Ferrol, Ourense, Pontevedra, Betanzos....
No momento de maior expansión chegou ata a haber 30.
O órgano de expresión foi o xornal "A Nosa Terra" fundado en 1916 e escrito íntegramente en galego. Foi tamén a voz do Partido Galeguista.

O proxecto político das Irmandades da Fala consistía en definir a GZ como unha nación, un país dotado de territorio, lingua, historia , institucións e cultura propias e diferenciadas. 


Non só quixeron ter un poder político, senón un poder cultural e de recuperación e dignificación do galego.
"Sen a lingua morreremos como pobo, e nada significaremos na cultura universal" A.V.P
Tamén promoveron unha serie de empresas e actividades de índole cultural que sentaron as bases do desenvolvemento e a dinamización da literatura galega no primeiro terzo do século XX.

2 comentarios: