 Resulta curioso que hoxe repasando os apuntes de arte fiquei nunha arquitectura do medievo. San Miguel de Celanova , que era un oratorio privado construído nas posesións dun cura emparentado coa nobreza chamado San Rosendo.
Resulta curioso que hoxe repasando os apuntes de arte fiquei nunha arquitectura do medievo. San Miguel de Celanova , que era un oratorio privado construído nas posesións dun cura emparentado coa nobreza chamado San Rosendo.Sorprendeume xa que eu fun a un colexio de aquí de Ferrol chamado San Rosendo , pero non era un colexio relixioso por eso sorprendeume o do nome, aínda que tamén me din de conta un pouco despois que fora bautizada na igrexa de San Rosendo, en Canido.
Pero bueno , o realmente importante disto é que deixou marca na historia esta construción artística , xa que é a única manifestación mozárabe de arquitectura conservada en Galicia, e debe ser por iso que está situada na lista de obras para a Selectividade.
Como dicía antes, era un oratorio privado e consta dunha diminuta capilla que servía para a oración privada deste obispo , comitente de San Salvador de Celanova en cuxos xardíns se situa esta construción.
Podemos citar o "nacemento" desta arquitectura no ano 934 e sitúase como o seu nome indica en Celanova , un pobo de Ourense.
A verdade é que é pequena pero no interior consta dalgúns detallaes dignos de ollar, como por exemplo o arco de ferradura que fora introducido na península polos visigodos.

Deixo aquí un vídeo que pode que vos informe un pouquiño máis. Un saudo (:
 
 
jaja tivi como se nota que tivestes que estudar para historia da arte xa que non houbo exame o explicas aki jaja
ResponderEliminarTivi o vídeo non se ve.
ResponderEliminarVedes a asignatura de historia da arte servenos para moitas cousas.
ResponderEliminarÓ fin ó cabo historia é compatible con todo, coas linguas, con política, con arte...
ResponderEliminare viceversa!