martes, 20 de marzo de 2012

Un acto filantrópico pioneiro na Historia

Repiquetean as campás.
É hora de espertar.
Doéme a cabeza e encóntrome un pouco mareado.
-Axiña! bérrame Roque. -Hai que estar en pé e preparados para a longa viaxe que nos espera.
-Pero de verdade que tes algunha espeanza?
-Esperanzas dun futuro mellor, de coñecer mundo. Soños de ser un intrépido viaxeiro coñecendo e descubrindo a Terra dun a outro confín!
-Anda que estás tí con moitas ganas...
-Estou, amigo, estou!
-Roque, entón será mellor que nos vaiamos preparando.
-Si, tes razón, pero recorda o que nos di sempre fray Manuel: hai que ter fé! Aínda que esteamos solos neste mundo, non hai que perder a esperanza! Eu non teño nin mamá nin papá; pero teño estupendos amigos aquí coma tí que me axudan a ter unha razón pola que sorrir todos os días, aínda que non poidamos repetir comida as veces que queramos... A verdade é que non nos podemos queixar! Ti sabes como están algúns nenos por alí pola rúa?Abandonados ou sendo ladróns profesionais con 5 anos porque non teñen un anaco de pan que levarse á boca, nin eles; nin os seus irmás pequenos?
-Vale, vale... Non comeces outra vez coa historia da nosa fortuna...
-Nós estamos aquí, na Casa de Expósitos da Coruña. Temos onde durmir, temos o que comer, témonos a nós. Temos lume para quentarnos todos os invernos. Non somos ricos adiñeirados nin fillos dun poderoso fidalgo; pero aínda somos. Non coñezo mais nada de Galicia; soamente o que me contaron. Pero por exemplo os amigos xesuitas de fray Manuel tardan máis de 15 días para chegar aquí dende Madrid e din que somos completamente arcaicos, que non temos verdadeiras cidades, que non temos boas comunicacións nin bos medios de transporte, que a nosa fala non é a correcta...
-En fin... como non apures non imos chegar a tempo!
-Entón... xe podes correr!!!

-------------------------

-Ay! qué pinchazo!
-Xa está...
-Ay!
-Non chores...

-------------------------

-Estamos chegando?
-Que si estamos chegando?
Vos, nenos galegos, fostes os nenos que fixeron posible a primeira expedición sanitaria internacional de toda a historia do mundo!
Gracias a mín, Javier Balmis, e á rápida chegada da vacuna enviada por Jenner despois de finalizar os seus traballos, en tan só dous anos; extendimos a cura a todos os dominios de Ultramar do noso reino!
Esta viruela estaba ocasionando a morte de milleiros de persoas en toda Europa!
-Nos, somos eses nenos galegos.....



"Non podo imaxinar que na Historia se proporcione un exemplo de filantropía máis noble e máis amplio que este."


Jenner





6 comentarios:

  1. A ver se aprendo a facer estas cousas..

    ResponderEliminar
  2. A estructura da historia esta perfectamente e gustame a fotografía moitísimo :)

    ResponderEliminar
  3. oh! :)) moitas grazas!
    si fai falta a wikipedia e un pouco de imaxinación jajajaja
    :)

    ResponderEliminar
  4. moi entretida e interesante a entrada elda a verdade que e moi bonita e sobre todo a foto.

    ResponderEliminar
  5. Marcos tes razón a ver cando fas algo deste, pero aínda así gustanme moito as túas animacións :)

    ResponderEliminar