viernes, 16 de marzo de 2012

A evolución do estamento eclesiástico durante os Séculos Escuros.

A EVOLUCIÓN DO ESTAMENTO ECLESIASTICO:

Durante os seculos escuros o estamento eclesiástico era o máis poderoso económicamente. Esaminado de perto, advértese nel un progresivo esmorecimento. Dun lado porque, incapaz de administrar directamente os bens propios, tivo que acudir a intermediarios, que se apropiaron da maior parte dos escedentes; doutro lado, porque o clero, lonxe de ser un organismo uniforme, estaba segmentado en grupos cheos de mutuo antagonismo por causa do distinto ingreso de escedente e pola inxerencia, nos mellares postos, de persoal estranxeiro. Preséntasenos, logo como un sector estático nestes tres séculos, en que a poboación xeral se duplicóu.

Contrariamente ao que sucedía no Reino de Castilla, en Galicia o clero secular era moi superior en número aos relixiosos e relixiosas. Mais en poder económico o sector monacal competía co secular, e en influirán no pobo eran os frades os primeiros, en canto que na burguesía só influiron algo os xesuítas.

O único centro de formación teolóxica do clero secular era a Universidade de Santiago. As biografías dos cregos promovidos a cargos superiores proban que gran parte tiñan estudios universitarios fóra do país, especialmente en Salamanca. Os monxes e mendicantes dispuñan de particulares colexios de teoloxía, aos que excepcionalmente asistían seminaristas seculares. A creación de seminarios imposta por Trento pouco significóu en Galicia. En 1572 e en 1594 erixíronse seminarios en Mondoñedo e Lugo; a finais do XVIII, en Ourense. Mais ata o XIX non funcionaron prácticamente os seminarios galegos.

A organización eclesiástica xeral era moi parecida á actual: unha provincia con arcebispo en Santiago, bispos en Tui, Ourense, Lugo e Mondoñedo. A metropolitana xacobea pertenecían tamén Astorga e as antigas dioceses emeritenses, Zamora, Salamanca, Plasencia, Coria, Badaxoz, etc. As dioceses galegas configurábanse con 3470 parroquias cinco catedrás e nove colexiatas. O total do clero e persoal dependente era de arredor de 17330 membros a finais do XVIII, o 1,2% da poboación (a media española era de 1,5%). Dúas terceiras partes correspondían ao clero secular.

A reforma dos relixiosos de finais do XV e primeiros do XVI conlevóu a concentración do monacato, antes moi disperso por todo o país, tanto o masculino como o femenino.

A relación de A. Morales (1572) cifra en 26 os priorados e abadías masculinas e somente un priorado femenino, o de San Paio (Compostela). Labrada ofrece unha distribución do estamento eclesiástico regular en 1797:

Monxes

Casas

Profesos

Novicios

Leigos

Criados

Total

Beneditinos

7

248

5

21

92

366

Cisterciense

(Mendicantes)

15

404

15

9

80

508

Dominicos

12

154

6

23

31

214

Franciscanos

22

802

24

138

64

1028

Agostiños

3

84

-

3

10

97

Mercedarios

2

60

-

3

14

77

De S. Xoan

3

15

-

6

7

28

Os xesuítas espulsados en 1767 por Carlos III eran un centenar. As monxas beneditinas e bernardas só tiñan dúas casas e un total de 53 profesas. O total das relixiosas era de 551.

O clasismo interno do clero galego era forte. En canto que o clero alto se beneficiaba de desmos e rendas, o resto vía cómo fuxían os demos das súas maos. Somente un 50% do desmo ficaba para os cregos das parroquias no mellor dos casos; ás veces somente un cuarto. Estes cregos esforzábanse en estender o escusado; máis esta fórmula subordinábaos aínda máis ás familias acomodadas. O desmo estendíase a todo: cereás, gando menor, hortalizas, liño, castaña, etc. E no mar ao peixe. O cobro do desmo era directo nas parroquias rurais; neutros casos era arrendado por dous anos. Os arrendatarios non sempre eran xente do agro; así, en 1750, os arrendatarios do Hospital Real de Compostela foron o 51% xente rural e o 49% xente urbana. A dureza do desmo deixábase sentir, mais desde a Edade Media. A resistencia a pagalo non está comprobada no interior máis que a partir de 1808.

A política relixiosa da Monarquía Católica en Galicia seguíu, no nomeamento de cargos, o mesmo estilo que seguía nos sectores políticos e militares: preferir normalmente aos estranxeiros e enviar os nativos a prestaren servicio noutras zonas do Estado. Na dirección dos mosteiros aínda se foi máis lonxe ás veces: durante séculos os abades chegaron de afora. A protesta ante esta situación foi recollida pola do Reino en 1599 e renovada en 1764. Os mosteiros galegos, tanto nos bernardos como nos beneditinos eran, proporcionalmente, os máis numerosos de ambas congregacións (14 e 9, respectivamente), e as súas rendas as máis abundosas, tamén, ata o punto de servirán en parte para soster casas e colexios castellanos que non tiñan onde recoller nada. No obstante esta importancia dos seus efectivos, as portas do influxo real na marcha da congregación estaban pechadas. Os cistercienses formaban na provincia de Castilla, os beneditinos na de Valladolid. E outros tiveron que loitar duramente para conseguirán a bula de Clemente XII, aplicada aos beneditinos por Benedito XIV en 1749. Ao dividir as congregacións en catro zonas rexionais os beneditinos, promovíase unha verdadeira igualdade no acceso á dirección da congregación, tanto no eido administrativo, como no ideoloxico e cultural, cousa imposible ata aquel tempo. Así se esplica que a lingua desaparecese tanto dos escritos administrativos como literarios, da burocracia, de boa parte do mercado e aínda da predicación.

2 comentarios:

  1. Cando vin a palabra eclesiastico pensei que era unha entrada feita por Elda xa que a ela gústalle moito debatir eses temas.

    ResponderEliminar