miércoles, 14 de marzo de 2012

Conservas Galegas.

Massó Hermanos S.A. foi unha das máis grandes empresas conserveiras de Galicia do século XIX.

En 1816 Salvador Massó Palau, truxo até Bueu a 7 franceses que coñecían o proceso industrial da salazón. Un deles, Pascual Dargenton Lafont, crea a primeira fábrica de conservas, chamada "La Perfección", pero esta disolveuse no 1898.

Os fillos de Massó, Gaspar e Salvador Massó Ferrer, crearon crearon Massó Hermanos S.A. que se adicaba á produción de conserva, fabricación de artículos de pesca e á compra e venta de fariña.
No 1926 constrúese unha segunda fábrica de conservas en Bueu.




Esta fábrica vai vento en popa e incluso expándese colaborando cos irmáns Fernández López que comercializaban carne en lata a través dos matadeiros de Mérida durante a guerra civil española, aproveitando a tecnoloxía das súas fábricas de conservas.








En 1941 inauguraron a fábrica de Cangas de Morrazo en Pontevedra sobre 20 hectáreas de terreo adicada á sección de envases metálicos, unha factoría baleneira, unha fábrica de xeo e outra de fariñas de pescado.
Cabe destacar que o irmán Gaspar foi pioneiro en rotular en galego nas súas fábricas.

Os problemas chegan cando na década dos 60 asumen a xestión da empresa a carta xeración dos Massó xa que por mor do envenenamento causado polo aceite de colza comeza a crisis , e despois de 180 anos de actividade a emprésa súmese en deudas superiores aos 900 millóns de pesetas.

Houbo un intento falido da Xunta de Galicia por levantar a empresa de novo onde se incluía a compra do museo da empresa en Bueu. En canto a este museo, consta de unha colección de libros antigos cartas mariñas, e mapas de navegación, decretos de regulación marítima firmados por Felipe II, barcos autóctonos do Morrazo construídos polo propio MAssó Palau e moitas outras antigüidades de interese cultural e turístico.

Cabe destacar que O dez de xullo de 2002 se abre en Bueu o Museo Massó.
A apertura deste centro motivou unha ampla mobilización social no concello e abriu a posibilidade de que Bueu sexa un centro internacional para turistas e estudosos do mar.

Estas son algunhas das fotos deste fermoso museo que paga a pena visitar.


6 comentarios:

  1. hai qe mercar produto galego!!
    pero unha cousa.. de que tema é isto?

    ResponderEliminar
  2. Quedouche moi ben a entrada, sobre todo as imaxes son bonitas.

    ResponderEliminar
  3. Está ben a entrada ,recordo aver visto en clase o vídeo dos pesqueiros. Onde se deu o primeiro paso de conservas.
    Qué non se encontra conservado agora?ainda que non estea en botes hasta as verzas teñen productos pra a sua mellor calidade .

    ResponderEliminar
  4. Creo recordar que fun de excursión o museo de Bueu.

    ResponderEliminar