jueves, 8 de marzo de 2012

A batalla de Brión.

Hola, hoxe vou a contar un acontecemento que aconteceu entre o 25 e 26 de agosto do ano 1800 aquí, moi cerquiña, en Brión un pobo ferrolán de apenas 1175 habitantes.
Aquí vos poño un mapa indicando a súa situación:


O sucedido foi unha contenda entre tropas británicas e españolas durante a Guerras contra Inglaterra.

Durante a Guerra da Segunda Coalición (1798-1800) (segundo esforzo combinando múltiples países europeos para contener a Revolución francesa) un dos países implicados era Inglaterra . A iniciativa surxe despois de que Napoleón despois de efectuar unha expedición a Exipto e aínda a pesar de ter moi victtorias, foi incapaz de regresar as súas tropas de volta a Francia por mar tras a batalla do Nilo,ao ser conocedores disto, certo número de inemigos de Francia prepararon unha nova alianza con Inglaterra para deshacer as anteriores conquistas francesas.

Isto repercutiu entón no territorio ferrolán e altos mandos do exército británico recomendaron a seu goberno executar un ataque por sorpresa contra un obxectivo estratéxico o máis desprotexido posible.ico recomendaron a su gobierno ejecutar un ataque por sorpresa contra un objetivo estratégico lo más desprotegido posible. Por isto, o Secretario de Estado para a Guerra Henry Dundas ordeó en 1800 unha incursión no porto español de Ferrol que dispoñía dunhas deficientes defensas, a pesar de ser uno de los más relevantes de la Armada Española e ter un amplio arsenal.
Entre marinería,infantes,astaleiros e fusileiros o continxente embarcado era duns 15000 homes.
Foi no mediodía do 25 de agosto de 1800 o comandante da flota estacionada, Tenente Xeral Juan Joaquín Moreno observou como fondeaban os británicos nas praias de Doniños e San Xurxo e como ían destruíndo a artillaría española defensiva máis cercana.

O primeiro que fixo Moreno foi marchar ao seu buque insignia, o Real Carlos.



E ordear á súa infantería de marina tomar posicións en Brión e Na Graña. A eles sumaríanse despois soldades enviados polo xeral Melgarejo.
Instalaron artillaría no Castillo de San Felipe para impedir a posibñe entrada na ría aos bugues británicos.

Ao darse de conta de que por mar non poderían acceder, decidiron marchar por ambos lados da lagoa de Doniños.


Ao caer a noite , chegando xa a Graña , encontráronse coa oposición dos ferroláns que non durou moito , xa que pola súa inferioridade decidiron regresar ao pobo, pero os británicos tampouco avanzaron máis por culpa da oscuridade.

Na mañá do día 26 o mariscal de campo Conde de Donadío, decidiu cortar o aceso dos británicos a Ferrol polo norte por iso tomou posiciones dende serantes ata valón e as forzas da Graña, reagrupadas durante a noite, volveron a subir a Brión.

O combate se reanudou cando a División de Xubia, sen esperar ordes, cargou contra o flanco esquerdo británico. A pesar de que só dispoñía duns 1.500 hombes máis, a Donadío non lle quedou entón máis remedio que ordear un ataque xeral.
Os españois repeliron dúas veces aos contrarios, pero perderon a Graña e Valón e se tiveron q replegar hacia Ferrol. Soamente o castelo de San Felipe e o da Palma ( na orill contraria ) foron capaces de paliar as ofensivas dos británicos.


(Castelo da Palma).

Cando a contenda parecía declararse a favor do bando anglosaxón, os ferroláns opuxeran unha resistencia maior da esperada por Pulteney, quen prevera executar unha operación rápida que sorprendera ao inemigo e que se saldara con poucas baixas propias.
O que pasou é que o xeral calculou mal o potencial do rival e pensou que se trataba duncha cantidade menor de forzas das que realmente se encontraban alí e perdendo o factor sorpresa e por medo de ter moitas baixas propias deciciu retirarse e reembarcar.

A partires desta victoria , todos os 26 de agosto celébrase a festa de Brión, onde se recrea aquela batalla e á noite as orquestas e as atracións de feria animan a celebración.

Persoalmente creo que é un acontecemento digno de ver xa que é unha maneira de coñecer algo da nosa historia dunha maneira entretida. Eu estiven en moitas porque parte da miña familia é dalí e todos os anos paga a pena vela.

Deixo algunhas das fotos que foron sacadas nalgunhas destas festas.




5 comentarios:

  1. Moi bo artigo tivi!
    explicas moi ben a historia e nótase qe tiveches bastante moito do que informarte!!
    Por certo... ten boa pinta a festa!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. ten razon elda, esta entrada esta moi traballada e é interesante. E esa festa parece que esta ben ajajaj

      Eliminar