martes, 20 de marzo de 2012

pequena reflexión

1598. Crack!
Sendo rei de España Felipe II, e con el alcanzando un imperio que abarcaba todos os continentes; a caída sufrida polo país dende tal altura foi catastrófica (para os que sempre acaban pagándoo, a oprimida clase media, campesiños e xornaleiros daquela época).
A súa complexa personalidade reflíctese nas súas adquisicións pictóricas. Moi amado polos seus amigos e odiado e tachado de despótico polos seus inimigos.

Benito Jerónimo Feijoo, o Voltaire en versión cura de Galicia, expresa no súa obra "Teatro Crítico Universal":
"Dos extremos, entrambos reprehensibles, noto en nuestros españoles en orden a las cosas nacionales. Unos las engrandecen hasta el cielo; otros las abaten hasta el abismo."
Ata o abismo conduciuse España no seu sobrepatriotismo.




Baixo o seu reinado Sevilla tiña o monopolio de toda a península para o intercambio comercial coas Indias.
Galicia, ademais de quedar relegada a un último plano, tanto como polos seus malos medios de comunicación (mais ben inexistentes) respecto co resto da península, como na privación da propia lingua nai, da súa cultura, da súa identidade e mesmamente no comercio.
Galicia queda olvidada no estudo da "Historia de España".
Galicia, dominada por multitude de pequenos fidalgos de pazo e esparexida en catro mil parroquias, torna a ser o lugar escuro e tenebroso do que ninguén quere formar parte, ou do que ninguén mostra algún interés.
¿Ninguén?
Pois non.
Personalidades galegas propias da nosa Ilustración defenderon, investigaron e loitaron para que Galicia puidera ter un futuro mellor; para a denuncia de esa situación inxusta.
Unha denuncia contra o asoballamento que emprendeuse polos enciclopedistas do século XVIII e posteriormente se reivindicaría no XX coas Irmandades da Fala e co Grupo Nós; que marcaron un fito senlleiro na historia da cultura galega.
Este desprazamento, moito máis acentuado antes que hoxe en día, é evidente que segue vixente.
Perduran así as confrontacións entre unha mesma España.
Castelao:
“Los catalanes, los gallegos y los vascos serían anti-españoles si quisieran imponer su modo de hablar a la gente de Castilla; pero son patriotas cuando aman su lengua y no se avienen a cambiarla por otra. Nosotros comprendemos que a un gallego, a un vasco o a un catalán que no quiera ser español se le llame separatista; pero yo pregunto cómo debe llamársele a un gallego que no quiera ser gallego, a un vasco que no quiera ser vasco, a un catalán que no quiera ser catalán. Estoy seguro de que en Castilla, a estos compatriotas les llaman "buenos españoles", "modelo de patriotas", cuando en realidad son traidores a sí mismos y a la tierra que les dio el ser. ¡Estos sí que son separatistas!”.

E se me apuras, até hoxe en día estamos a estuda-los prexuizos que afectan á lingua galega!
E o peor de todo é que algúns deles... xa veñen dados dende a Idade Media!


6 comentarios:

  1. Tes moita razón co dos prexuizos pero non é só iso, seguiremos estudandolos durante moito máis tempo...

    ResponderEliminar
  2. Encantoume isto ,e mais porque estou estudando o renegada que quedou galicia. E o que afectou que se lle dera a espalda a Galicia na historia. hai que admitir que sí, Galiza debido a súa xeografía estaba mal comunicada, aínda así, cando se podía dar un pasiño cara diante e poder facer mellorar a Galiza sempre se lle dixo que non. Claro exemplo na nosa lingua, sempre o non uso, aínda a lingua se está pouco a pouco alzando, tendo a xente esperanzas de un uso moito mais amplo destas novas xeneracións no futuro. Pero trala época do franquismo se tivo un gran paron da lingua.

    ResponderEliminar
  3. Con isto podo sacar tema para un comentario crítico.

    ResponderEliminar
  4. estou dacordo con Marcos,perfecto para o exame do xoves !

    ResponderEliminar
  5. a verdade é que é un tema do que se podería falar moito! non só no aspecto do galego, senón no da comparación da crise do 1598 coa de agora; que aínda que foron en periodos completamente diferentes da historia, está claro que teñen algúns factores comúns!
    temas aqí hay dabondo jaja

    ResponderEliminar
  6. jaja isto da moito que falar ehhh temos que quitar este tema un dia en clase asi entre todos facemos unha boa critica jajaj

    ResponderEliminar