lunes, 26 de marzo de 2012

comparación histórica

Unha noite que non remataba.
Unha longa noite pechado entre catro paredes e 3 metros cadrados.
Sen comida, sen auga, sen nada.
Coas máns prendidas na espalda e encadeado coma se fose un criminal.
Todo polo ben da miña patria, dicían. Sí, todo polo ben de España.
As horas pasaban, ou non; eu non tiña máis indicador que unha pequena franxa entre dúas pedras pola que entraba un pouco de luz. Por alí podía albiscar se por fin saían os primeiros raios de sol.
Pero... todo isto, ¿para qué? ¿con qué fin?
¿Sabía eu se me soltarían ó comezar o día? ¿Sabía eu qué sería de min, máis que estar pechado coma un can entre esas catro terribles paredes?
Non o sabía, non, pero quedábame polo menos a esperanza.
Despois de días sufrindo todas as inmundicias que vos podedes imaxinar, xa estaba canso de facerlle pensar nada máis á miña cabeza. Por un momento tiña que descansar. Ou, ¿era eso o que pretendían? Para que así non lles dera máis a lata coas miñas ideas "revolucionarias"(segundo eles as chamaban)a contra natura.
¿Era eso o que pretendían para pillarme coa guardia baixa e que nunca máis volvera a ser o de antes?
Non o conseguirían, non.
Foi entonces cando escoitei o ruido dunhas botas que viñan acercándose cada vez máis ó lugar (se así se lle podía chamar) onde me tiñan recluído coma un criminal.
Soaron unhas chaves; pero tardei aínda uns minutos ata poder velo.
Sería novo; non encontraba a chave correcta para abrir.
Pero sucedeu.
Por fin apareceu unha sombra que alcancei a ver pola rendixa.
A cando abriu, vin unha cara diferente.
Diferente, sí. Diferente a todas as que vira en todo o tempo que levaba alí pechado.
Era unha cara nova, que non tiña os rasgos das que xa eu moi ben coñecía.
Era un rapaz, de como moito uns 20 anos, pero no seu rostro apreciábase algunha marca...
A miña vista concentrouse nos seus ollos; xa sabedes, a mirada é casi o único sincero que posúen os seres humanos; se así se lles podía chamar a aqueles cos que levaba convivindo xa un tempo.
A súa mirada era limpa, clara. Non coma as demáis.
Tiña os ollos verdes aceituna, e non podía apartar a vista de min.
Cecais estiven observándoo moito tempo, pero cando me din conta mireille as mans e non as podía parar de mover inconscientemente. Estaba algo inquieto.

Rompín o silencio.
-¿Eres novo aquí? A túa cara non me é coñecida.
-Shh! Veño a axudarte.
-¿A axudarme a mín?
-Se continúas falando nese tono pode ser que ademáis de non axudarte morra pola túa culpa!
- ...
-Rapido, fuxe o máis rápido que podas, eu son novo aquí e non me reprenderán demasiado se digo que me agrediches e logo escapaches!
-Pero, isto ¿por qué?
-Deixa de tanto preguntar, parece que aquí son eu o maior en tanto ó que se refire á cabeza, porque a ti fáltache! Escoitaránnos e morreremos os dous se nos saes dunha maldita vez de aquí !
-Entón só direiche que grazas.

Cando por fin chegei ós montes, despois de todo o que os meus pulmóns resistiron mentres corría como nunca na miña vida; dinme conta de quen era ese rapaz.
Pero primeiro terei que dicir quén son eu para aclarar de todo as cousas. Chámome Felipe Sobrino Taboada, e ante todo son galego.
Por defender os meus ideais, levo media vida sendo perseguido.
Imparto clases na Universidade de Santiago.
Neste, o meu país, parece ser que as cousas seguen a estar tan inestables como de costume.
Aínda despois do gran logro das Cortes de Cádiz en 1812, a ignorancia eo analfabetismo do pobo seguen tan vixentes como na Idade Media.
Senón é para mín incomprensible que poidan esixir que os priven das súas liberdades! Chamándose a sí mesmos "encadeados"...
Eu sigo defendendo que será pola súa ignorancia máis que pola súa convicción. Aínda que se fala mellor por experiencia que por convicción; e por iso é polo que falo eu, que fun xa reprendido por ese arcaico sistema chamado Antigo Réxime que me priva das miñas liberdades.
¿É un insulto cara o monarca esixir unha separación de poderes?
¿É un insulto para él que o pobo teña igualdade tanto de oportunidades como ante a lei? ¿É un insulto que todos teñamos a posibilidade de educarnos para polo menos saber ler e escribir, aínda que non sexamos uns privilexiados; se non somos nin membros do clero nin de familia de linaxe?
España vive un grave retroceso na súa historia.
Un triunfo foi esta corta etapa que durou tres anos, á que lle debemos ó xeneral Riego o ocurrido nas Cabezas de San Juan.
Pero, parece ser que é imposible defender a liberdade neste país.
Xosé Bonaparte iluminaba o noso futuro e o dos nosos fillos coas ideas da Ilustración. Fundamentándose na supremacía da razón.
Se mesmo, segundo o seu irmán Napoleón España era un pobo de bárbaros dominado por un clero fanático.
Xose abríanos a porta ó arte co seu museo Josefino que rematou por ser inviable por diversas razóns, á educación, á modernización de España.
¿Qué fixo o pobo? Chamalo Pepe Botella e botalo.
¿Qué lle chamaban ó monarca absolutista que oprimía ó pobo e o mantiña na máis remota ignorancia desigualdade? O desexado. Sí, o desexado.
Si en realidade España é unha contradicción en sí mesma.

Eu, agora, terei que irme ó exilio.
Supoño que o meu destino será Inglaterra; que promete un futuro mellor que isto.


.............................................................................

Reflexión:
¿Por qué un home que ven do século XVIII, ten que buscar as mesmas opcións (emigración) que buscan hoxe en día a maioría da xuventude preparada no noso país?
Vos que pensades?
Porque a emigración, aínda que non sexa polos mesmos motivos (exilio político) xa que hoxe temos un réxime "democrático" (nalgunhas cousas), segue estando vixente hoxe en día, por motivos de traballo.
Aínda que mesmo na época franquista, e emigración era case igual que antes, por motivos políticos ou somentes pola necesidade de mandar algo á familia que morría de fame nestas terras.
Hoxe en día, a maioría é xente preparada que emigra cun título debaixo do brazo; porque o seu propio país, o que contribuíu á súa formación; non lle pode ofrecer ningún traballo.

De novo dou a miña resposta; INvolucionamos (en moitas cousas, desgraciadamente).



No hay comentarios:

Publicar un comentario