lunes, 7 de noviembre de 2011

Manolo Gago contesta a Elda

Manuel Gago xornalista, e autor dun dos blogs mais seguidos do pais Capítulo Cero, e tamén autor do vídeo sobre Pena Furada escribe a propósito do comentario de Elda no noso Blog. Polo seu interés xeral reproducímolo integramente aquí para tod@s:

Ola, Elda:   Mira, a relación dos nosos devanceiros co territorio era moi distinta á actual. Ata a época dos nosos avós, todo o que nos rodeaba tiña nomes e sentidos. Pero agora comezamos a saber que ese proceso, na Prehistoria e ao longo da Antigüidade, era moito máis acentuado: os montes tiñan funcións militares, funcións de soberanía, funcións sagradas.
O caso da luz é un dos máis chulos. Desde a época dos dólmenes, que no tempo que se fixo a Moura xa tiñan miles de anos, en Galicia os monumentos sagrados construíanse en relación ao sol. Os dólmenes teñen as súas portas cara o Abrente, e están rodeados por seixos, por cuarzos, que son pedras que en Galicia teñen un significado especial.
O que ten de interesante a Moura é que, desa época -final da Idade do Ferro, época romana- en Galicia non temos ningunha gravura in situ que teña esta relación tan especial co sol. Cremos que isto nos está contando, sin palabras, algo que aínda non sabemos: quen era esa Moura e que facía. Nós xa estamos tendo algunhas ideas, pero aínda estamos traballando niso.
Aviseille ao director da intervención, o arqueólogo Antón Malde, para que tamén el che conte algo sobre isto.

2 comentarios: