Manuel Gago xornalista, e autor dun dos blogs mais seguidos do pais Capítulo Cero, e tamén autor do vídeo sobre Pena Furada escribe a propósito do comentario de Elda no noso Blog. Polo seu interés xeral reproducímolo integramente aquí para tod@s:
Ola, Elda:   Mira, a relación dos nosos devanceiros co territorio era moi distinta  á actual. Ata a época dos nosos avós, todo o que nos rodeaba tiña nomes  e sentidos. Pero agora comezamos a saber que ese proceso, na  Prehistoria e ao longo da Antigüidade, era moito máis acentuado: os  montes tiñan funcións militares, funcións de soberanía, funcións  sagradas. 
O caso da luz é un dos máis chulos. Desde a época dos dólmenes, que  no tempo que se fixo a Moura xa tiñan miles de anos, en Galicia os  monumentos sagrados construíanse en relación ao sol. Os dólmenes teñen  as súas portas cara o Abrente, e están rodeados por seixos, por cuarzos,  que son pedras que en Galicia teñen un significado especial. 
O que ten de interesante a Moura é que, desa época -final da Idade do  Ferro, época romana- en Galicia non temos ningunha gravura in situ que  teña esta relación tan especial co sol. Cremos que isto nos está  contando, sin palabras, algo que aínda non sabemos: quen era esa Moura e  que facía. Nós xa estamos tendo algunhas ideas, pero aínda estamos  traballando niso. 
Aviseille ao director da intervención, o arqueólogo Antón Malde, para que tamén el che conte algo sobre isto.
 

 
pode ser que esa moura fose coma unha especie de divinidade?
ResponderEliminarMoi interesante,estaeri atento a ver que descobren
ResponderEliminar