Tod@s a coñecemos. Pasa por ser un das iconas do capitalismo dos EEUU; un símbolo do consumismo e do fast food.... Sen embargo, estamos diante dun dos pratos mais populares do imperio romano: a Isicia Omentata. A receita é igual de simple: carne de res picada mesturada con piñóns, pementa, sal e un pouquiño de viño branco. Despois dábaselle un toque de garum, no medio do pan. O primeiro libro de receitas que se conserva está escrito en latín por Marcus Gavius Apicius, patricio e gastrónomo romano que viviu durante o reinado do emperador Tiberio no século I. O seu libro, hoxe é un clásico imprescindible: "De re coquinari" (Sobre a cociña).
Os lexionarios romanos espallaron ista sinxela receita por todo o imperio ata ao actual Hamburgo, (Alemania), onde tomará o nome "moderno" de hamburguesa. Dous mil anos despois, a finais do século XIX, os inmigrantes alemáns transportarán ista costume aos EEUU, e así converterase nunha das marcas do "imperio" contemporáneo. Neste estupendo blog tes abondosa información sobre os pratos mais diversos e divertidos da gastronomía romana. Anímaste a cociñar á romana? ....De seguro que deixarás alucinad@s as túas amistades....
Quen o diría...
ResponderEliminarInteresante e asombroso artigo,quen o ia dicir...
ResponderEliminarTiñan todo pensado os romanos
ResponderEliminaros romanos tiñan todo preparado eran mais listos que no todos os dias comian ben jajajaj
ResponderEliminarE como non é de extrañar levaba salsa garum jaja este articulo acábame de dar unha fame...
ResponderEliminarImpensable, antes que nos xa había romanos conducindo un cabalo e pedindo no McAuto!
ResponderEliminarEstes romanos estaban moi avanzados....quen sabe que outras cousas haberian inventado se non sucumbiran as invasions barbaras....
ResponderEliminarPois sí que estaban avanzados!! A mín non me parece que seña moi atractivo o que contén o garum... Pero quizá o comería se non estivera ó tanto de iso e pode ser que me gustara... jaja
ResponderEliminarEste artigo me deixa abraiada! nin por asomo se me houbera ocurrido que os romanos puideran ter este tipo de comida nos seus tempos! seguro que tamen tiñan moitas comidas que comemos hoxe en dia ademais das hamburguesas! estaban moi avanzados en todos os sentidos
ResponderEliminar