sábado, 26 de noviembre de 2011

Relixión: Crenza ou adoctrinamento?

Sen permiso de Elda "roubeille" unha entrada que me pareceu sobresainte e que pode dar pistas do tipo das aportacións que fan que "Recunchos da memoria" teña sentido. Podedes vela íntegra e coas ligazóns pertinentes no seu blog. Diso se trata... de facerse preguntas sobre o pasado, de relacionar o presente coa historia e de facermos preguntas en lugar de acumular certezas...Aí vai:

Quedeime bastante pensativa despois da anterior clase de Historia e Xeografía de Galicia; o tema do que falamos foi a entrada da relixión cristiá en todo o Imperio Romano e o que isto conlevou...
Eu, antes de estas clases, realmente pensaba que os romanos entraran na península conquistando, loitando, impoñendo o seu idioma e queimando todo ó seu paso (case coma Atila, rey dos Hunos).
Pero a realidade é moi diferente das ideas que eu tiña na miña cabeza: Os romanos, entraron pacíficamente no noso territorio, os castrexos que por entonces aquí habitaban non foron para nada perturbados e non impoñeron o seu idioma; senón que había que aprender este porque era necesario o medio de comunicación para abrirse paso e buscar un lugar no novo mundo que estaba a nacer. Moitos aínda quedaron nos castros, pero outros decidiron coñecelo.
Ademáis, os romanos eran completamente tolerantes: tanto na relixión (aceptaban e respectaban todas), como no dereito (aínda nós temos as bases e estudamos o dereito romano), coma no sexo (considerábano un presente dos deuses). Pero ¿os romanos non perseguían antes ós cristianos; que tiñan que esconderse nas catacumbas para poder facer culto ao seu deus? Entón eu respondo, sí. Os romanos os perseguían xa que como ben dixen antes, eles eran tolerantes con todas as relixións; e pola contra, os cristiáns defendían que só podía existir un deus e unha relixión (a súa). Para demostrar esta tolerancia está o exemplo do templo de deusa exipcia Isis na actual provincia de Lugo.
Tamén fixéronse aperturas destas catacumbas aquí moi cerca noso, na capital de Santiago de Compostela, e non encontraron os restos do Apóstolo Santiago. Como dí neste artigo da Voz de Galicia:
"Lo que no ha aparecido en la necrópolis son pruebas que confirmen que los restos del Apóstol se encontraran allí, aunque como explicaba el deán de la catedral, José María Díaz, tampoco de que no lo hiciesen. "Por lo que todo es conforme a la tradición, aunque no probativo", concluía.
Todo isto ven a conto da historia de Prisciliano, da que seguidamente vos falarei...
Coa chegada do emperador Teodosio: A relixión cristiana convertiuse na relixión oficial do Imperio.
Comezou a intolerancia relixiosa, a persecución ós que non foran cristianos; e a diferente concepción da vida; con un Deus xusticiero e poderoso. Por suposto, é básico coñecer a historia de Prisciliano (para mín era tamén un descoñecido) e valorar o seu papel na historia. Ademáis, él era galego. Prisciliano defendía cousas coma o ascetismo, a seu pensamento era de carácter igualitario e libertario. Os cristianos acusárono de facer maxia en reuniones nocturnas nos bosques con mulleres e gnosticismo. Como eu o entendo nesta páxina explica que o gnosticismo quere dicir que "a materia é mala e a nosa alma é boa". Polo tanto, a alma está atrapada no mundo material. ¿Vos soa tamén a un certo platonismo?. Pero bueno, ó caso; acusárono tamén pola sú concepción sabeliana do misterio da Trinidade.
Pero xunto con él tamén perseguiron a moitos máis que non eran afíns as súas ideas coas dos cristiáns.
Así pois, comezou tamén a concepción de "pecado" e a prohibición de cousas (coma as termas e baños romanos) que ata entón formaban parte da vida cotidiana de calqueira romano.
Este retroceso (dendo o meu punto de vista, claramente) chega ata o Renacemento, cando "renace" (valga a redundancia), a concepción do home coma centro de todas as cousas, o humanismo.
Entón, eu pregunto: ¿Coñecen realmente todos os cristiáns a súa verdadeira historia?¿Pódese defender a violencia en nome de calqueira deus?¿Temos que estar abertos ás ideas de alguén que é en realidade intolerante con outras relixións?
Eu, respecto a todas e cada unha das relixións; pero por suposto non estou de acordo coa intolerancia, coa mentira ou co adoctrinamento. Grazas á evolución do mundo e o acceso de calqueira á historia, á verdade, e á cultura podemos saber todas estas cousas.
Porque a miña liberdade acaba onde comeza a do outro, e ningún deus nin ningunha relixión poderá influír na miña vida ou nos meus pensamentos.
Entón, humildemente, eu pregunto... ¿Quén coñece de verdade a realidade da nosa historia?¿Qué pensades vós?
Aquí deixo o polémico texto...
Publicado por Elda Martínez en 01:58

6 comentarios:

  1. Eu repecto do teu título diría: relixión-crenza e Igrexa-adoutrinamento. Dende os comezos da historia do home sempre se creu nalgo superior a nós, pero cando a codiza do ser humano chegou represantada nalgúns dos seus semellantes aquela idea que partira dunha pedra pasou a ser o que foi e o que é hoxe... Unha organización política con ánimo de lucro que primeiro, aproveitándose da credibilidade dos homes, fíxolles ver a Deus coma alguén temible. Hoxe fai todo o contrario e, sendo así, o di todo que o que representa na Terra a ese Deus actual (bondadoso, humilde...) leve miles de euros xa só no calzado.

    ResponderEliminar
  2. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar
  3. Respecto a este texto tan polémico diria que representan a Deus como un ser misterioso que sempre ten boa vontade.

    ResponderEliminar
  4. Coma sempre na moi esperada liña de Elda jajjaja enhoraboa pequena,moi boa e polemica entrada

    ResponderEliminar
  5. eu creo q a verdade de todo isto nunca a chegaremos a saber con certeza, por moitos testemuños qe haxa, non creo qe se poida saber con certeza, pois as cousas malas non as escriben ou as ocultan, asiq nunca saberemos a verdade, a unica forma seria haber estado ali..

    ResponderEliminar
  6. ¿Pódese defender a violencia en nome de calqueira deus? Nunca, nunca debemos empregar a violencia en nome de nada. e con respecto a ¿Temos que estar abertos ás ideas de alguén que é en realidade intolerante con outras relixións? Penso que cada persoa debe crer o que lle faga mais feliz

    ResponderEliminar