A carón da "deusa" moura que vimos o outro día apareceu outra figura humana na pedra. Neste caso "emerxe" a outra hora diferente: cara o solpor. Sorprendente non?
Asemade o arqueólogo e descubridor deste estraordinario xacemento, Antón Malde, tamén escribe a Elda:
Ola Elda
A importancia da luz solar, o seu efeito na visibilidade das figuras da Pena Furada é algo mais que chulo. É moi fermoso observar in situ ese xogo luces que fan emerxer figuras que senon pasan…desapercebidas. Mas tamén indica que pode existir unha relación simbólica entre as figuras (sexa o que for representado) e a posición do sol.
É dificil substraerse á emoción da observación estes efeitos, mais resultan coerentes cun xacimento complexo, conformado por unha serie de actuacións construtivas proxectadas e ordenadas con antecedencia. Non hai lugar ao chou.
Na Pena Furada sabíamos que as orientacións eran moi importantes: ordenan elementos construtivos e tamén as figuras. Mais tamén relacionan as figuras coa luz que suxiren novos significados.
Cando se fala con asombro dos «antepasados» (do outren do tempo evolutivo) sempre lembro que a intelixencia é universal, alén tecnoloxías… Igual que esta constación foi froito da intelixencia colectiva: da percepción de Manolo Gago, das fotos de Sole, e do traballo posterior de Elisa mais eu. Unha grande satisfacción como director.
Imaxe aérea de todo o xacemento
A pesar da explicación segue sendo fascinante.
ResponderEliminareste vidio esta moito mellor o explica mellor a verdade e que esta moi ben.
ResponderEliminarTanto esta como a anterior non deixan de ser abraiantes
ResponderEliminarOla!!!
ResponderEliminarEn primeiro lugar quería pedir disculpas pois non puiden contestar antes xa que non me fuinciona internet na casa!!
En segundo lugar agradecerlle a Antón Malde que gastara o seu tempo en contestarme ó post para aclarar esa preguntiña que ocorréuseme cando comentei...
Tamén quero dicir que me parece moi interesante a idea de enfocar a historia dende outro punto de vista diferente, non o que sempre nos levan ensinando e que ó final acabamos por aborrecer!
Sendo honesta, descubrín moitas cousas novas con este novo método e máis rápidamente do que puidera facer da maneira tradicional.
Pois eso, en resumen, que moitas grazas e intentarei seguir indo a máis por estes lares!!!!