martes, 29 de noviembre de 2011

Un pouco de historia

Aqui vos deixo nun pequeno resumo a historia da torre de Hercules, construida na época dos romanos:

A Torre de Hércules foi construída polos romanos como faro de navegación no século II d. C., comprendida a construción entre os reinados de Nerón e Vespasiano en función dos achados de fragmentos de terra sigillata e vasos de paredes finas datables entre os anos 40 e 80 de nosa era[cita requirida]. A inscrición ao pé da torre e as referencias documentais sobre a cidade de Brigantium (A Coruña) revelan a existencia dun faro da época de Trajano.
Na súa base atopouse unha pedra votiva coa inscrición en latín MARTI AVG.SACR C.SEVIVS LVPVS ARCHTECTVS ÆMINIENSIS LVSITANVS.EX.VO, o que permitiu identificar ao arquitecto autor da mesma como Cayo Sevio Lupo, orixinario de Aeminium, hoxe Coimbra, en Portugal.
A mención máis antiga á Torre atópase no Historiæ adversvm Pagáns de Paulo Orosio, escrito cara ao 415?417 d. C., que di: «Secvndvs angvlvs circivm intendit, ubi Brigantia Gallæciæ civitas sita altissimvm farvm et inter pavca memorandi operis ad specvlam Britanniæ erigit».
A torre perdeu, posiblemente, o seu uso marítimo durante a Idade Media ao converterse en fortificación. Foi no século XVII (1682) cando o Duque de Uceda encargou a restauración arquitectónica ao arquitecto Amaro Antune, que construíu unha escaleira de madeira que atravesaba as bóvedas até a parte superior, onde se sitúan dúas pequenas torres para soportar os fanales. No reinado de Carlos III realizouse a reconstrución completa. A obra neoclásica terminouse en 1791 baixo a dirección de Eustaquio Giannini.
A torre era, antes de comezar a reforma, un corpo prismático con base cadrada; no exterior presentaba un muro de pedra con dúas portas na parte baixa e xanelas asimétricas que a percorrían até o piso superior, e unha mordente helicoidal que chegaba até a parte superior. No seu interior conservaba a vella estrutura romana, pero con escaleiras de madeira que pertencían á restauración de edificio, harmonizándoa na súa decoración con marcos superiores de portas e xanelas.
A fachada actual da torre é o froito da remodelación neoclásica efectuada no século XVIII. No ano 2007, foi elixida candidata para engrosar a lista de bens culturais Patrimonio da Humanidade. O 9 de setembro de 2008 se hermanó coa Estatua da Liberdade de Nova York e o día 25 dese mesmo mes co Faro do Morro da Habana, o máis antigo de América e un dos emblemas de Cuba.

4 comentarios:

  1. fermosa historia da torre de hercules, ainda que non lle damos moita importancia ten bastante relevancia para a nosa provincia.

    ResponderEliminar
  2. Ainda que fóra restaurada me segue impresionando a súa arquitectura.

    ResponderEliminar
  3. Que historia tan bonita, é unha pena que moitísima xente que vive na Coruña ou Galicia non saiba estas historias, eu mesma, non tiña ata este año coñecemento algún, dalgúnhas lendas.ou historias sobre a miña terra, que nesta asignatura estou a coñecer.

    ResponderEliminar
  4. encantoume a historia...penso que e unha pena que,como dixo amanda,mita xente non teña coñecemento dela...

    ResponderEliminar