jueves, 17 de noviembre de 2011

Ritos funerarios de Roma.

Que facían os romanos cando lles morría alguén?

Ao morrer alguén en Roma podíanselle celebrar dous tipos de ritos funerarios: A inhumación ou a incineración. A inhumación consiste en en soterrar a alguén en corpo enteiro nunha tomba ou nun nicho e a incineración é quemar o corpo e soterrar as cinzas. Tanto un rito coma o outro séguense a empregar aínda hoxe en día como moitas das nosas costumes que ignoramos que proveñen da mente romana.
As tombas tiñan elementos para poder celebrar banquetes funerarios cos que honrar ao morto coma ceadores, exedras ou pozos. Ás veces sacrificaban animais para facer unha ofrenda con sangue
Sempre que a morte o permitía, o funeral iniciábase na casa do defunto e a familia acompañaba ao moribundo aos seus aposentos para darlle o último bico e reter a alma que se escapaba pola súa boca.
Despois de morrer se lle chamaba tres veces polo seu nome para comprobar realmente se morrera e a continuación lavábaselle o corpo se perfumaba con ungüentos e vestíaselle.
Os luxos nos funerais estaban prohibidos por lei pero copiando a costume grega, xunto ao cadaver colocábase unha moeda para que Caronte transportara a súa alma na barca e atravesar así a laguna Estigia cara o reino dos mortos.
Finalmente se colocaba o morto nunha liteira cos pes cara a orta de entrada rodeado de flores.
Segundo a condición social permañecia exposto de 3 a 7 días e como sinal de dor evitaban prender lume na casa.

A humatio era esencial no funeral e consistía en tirar terra sobre a corpo do defunto ou sobre parte del segundo se tratara dunha inhumación ou incineración.
Durante a cerimonia-funeral realizábase un acto de purificación para as persoas que estiveran en contacto co cadáver. Antes da sepultura a tomba purificábase limpiándoa e utilizando auga taménn ás persoas que asistiran a ese funeral.
Todas as tombas se situaban fóra da cidades.
Houbo tombas colectivas chamadas columbarios que podían estar nunha roca ou en construccións con nichos onde se colocaban as urnas.
Os mausoleos eran soterramentos normalmente circulares, grandes e cubertos por un túmlo onde se colocaría a vexetación,estatuas...
Tamén houbo soterramentos como templos, de torre, de monumento...
Moitas veces formaron verdadeiras necrópolis que seguían o modelo dos hipoxeos Exipcios. Este video é un bó resumo dos ritos funerarios romanos.

5 comentarios:

  1. Moito nos queda por aprender, pensar que é cousa nosa poder decidir se enterrar os incinerar!... só que nos temos outras manías, como as flores..

    ResponderEliminar
  2. Increible o video, quedanos claro que os romanos pensaban en todo..

    ResponderEliminar
  3. Non sabia que xa usaban a incineración

    ResponderEliminar
  4. a inhumacion dos mortos xa ven dende o Paleolico, cando soterraban aos seus mortos nos megalitos, pero a incineracion é propia dos romanos! eu sigo sorprendendome con esta cultura... esque era avanzada en TODOS os sentidos!

    ResponderEliminar